Skip to main content

Nautic Destination

CRUCEIRO TERMAL POLA RÍA DO MIÑO E O RIBEIRO – BALNEARIO DE ARNOIA – 2 NOITES

Descrición

  • Este cruceiro permitirá descubrir a Comarca do Ribeiro cos seus famosos e históricos viños a través de rutas náuticas polo río Miño mentres se descansa nun dos seus balnearios de augas termais. A Comarca do Ribeiro é famosa polas súas augas termais que xa se desfrutaban desde época romana. Na actualidade varios balnearios permiten gozar das súas propiedades mineromedicinais. Ademais, nas marxes e proximidade do río Miño están asentadas plantacións de uva do Ribeiro e adegas que ofrecen catas e visitas enoturísticas.
  • Neste entorno poderanse gozar da unión do río, a degustación do viño do Ribeiro mentres se realiza o minicruceiro e do relax e tranquilidade que as augas termais e os seus balnearios nos ofrecen.
  • Este cruceiro ecoenoturístico permite coñecer mellor o nacemento da denominación de orixe de viño máis antiga de Galicia, a segunda de España e unha das de maior traxectoria histórica de Europa. É un cruceiro cen por cen respectuoso co medio ambiente que utiliza unha innovadora embarcación eléctrica, de emisións 0, cuxo impacto en termos de ruído ambiental que afecta á fauna e flora é mínimo e cunha pegada de carbono cero debido a que a emisión de dióxido de carbono do traxecto é cero

Que inclúe

  • Barco ida e volta
  • 1 viaxe no Eco-barco con cata polo encoro de Castrelo desde Laias
  • 1 viaxe no Eco-barco con cata polo encoro de Frieira desde Arnoia
  • Guía acompañante a bordo
  • 2 / 3 noites de aloxamento en habitación dobre estándar
  • Réxime de almorzo buffet
  • Tratamento Termal
  • Circuito Termal: Banheira hidroterapia e chorro (Arnoia)
  • Banheira de hidromasaxe: Técnica de hidroterapia que utiliza a presión da auga para producir relaxación e benestar
  • Masaxe parcial de relaxación: Utilízase para a relaxación do sistema muscular pero tamén para mellorar a recuperación.
  • Uso libre das piscinas termais
  • Préstamo de albornoz e toalla

Non inclúe

  • O desprazamento aos embarcadoiros corre por conta do cliente.
  • Comidas e ceas.
  • Calquera cousa non especificada no apartado "inclúe"

Recomendacións

  • Cruceiro: Gorra, roupa de abrigo e/ou protección do sol e calzado deportivo (recomendado de sola branca).
  • Tratamentos termais: Uso obrigatorio de chanclas e gorro de baño para acceder ao interior do balneario
  • Aplicarase cada unha das técnicas termais

Galería

CRUCEIRO TERMAL POLA RÍA DO MIÑO E O RIBEIRO – BALNEARIO DE ARNOIA – 2 NOITESCRUCEIRO TERMAL POLA RÍA DO MIÑO E O RIBEIRO – BALNEARIO DE ARNOIA – 2 NOITESCRUCEIRO TERMAL POLA RÍA DO MIÑO E O RIBEIRO – BALNEARIO DE ARNOIA – 2 NOITESCRUCEIRO TERMAL POLA RÍA DO MIÑO E O RIBEIRO – BALNEARIO DE ARNOIA – 2 NOITES

Reserva

Prezo
Prezo por persoa compartindo habitación dobre: 218,00 EURPrezo por persoa en habitación individual: 268,00 EURPrezo por persoa compartindo habitación suite: 268,00 EUR
Prazas
de 1 a 6

A actividade

Duración
3 días, 2 noites. Cruceiro polo encoro de Castrelo de Miño (1,5 a 2 horas) / Cruceiro polo encoro de Frieira (1,5 a 2 horas)
Dificultade
Baixo
Embarcación
Ecobarco do Ribeiro. Embarcación eléctrica adaptada
Accesible
Alta
Disponibilidade
De Xuño a Setembro

Onde

Encontro
Balneario de Arnoia
Saída
Pantalán Balneario Arnoia
Chegada
Pantalán Balneario Arnoia

Operador

Operador
GRUPO CALDARIA
Xestor
Alberto Canal
Teléfono
988 280 406