Este itinerario dálle a opción de iniciarse en Viana do Castelo para navegar pola costa bañada polo Océano Atlántico en augas abertas para aqueles que queiran gozar desa experiencia e a posibilidade de navegar en augas tranquilas das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa partindo desde Baiona. Na ruta principal de Baiona a Pontecesures, poderemos coñecer as Rías Baixas para gozar do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, as vilas históricas como Baiona, as vilas mariñeiras, as cidades de Vigo e Vilagarcía de Arousa e demais pobos colindantes. Selaremos a Credencial do Peregrino do Camiño de Santiago nos distintos portos escala para obter a Compostelá tras o itinerario por terra entre Pontecesures e Santiago de Compostela. Desde a nosa embarcación descubriremos parte da lenda do Apóstolo Santiago no traslado do seu corpo desde Xerusalén, da cal naceu esta ruta Xacobea. Conta a tradición que, tras a morte de Santiago o Maior, un dos apóstolos predilectos de Xesús que foi decapitado por orde de Herodes Agripa, os seus discípulos recolleron os restos do Santo e trasladáronos nunha barca sen timón, que Deus guiou desde Palestina ata as costas galegas, onde foi enterrado. Sobre a súa tumba ergueuse un mausoleo segundo o modelo das necrópoles romanas, formado por unha pequena construción rodeada de columnas, cuxos restos permanecen no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR
.- Visitas con guías acreditados ás Illas Cíes e Illa de Ons.- Entradas a Museos detallados no itinerario.- Guía acompañante para realizar o traxecto Pontecesures/Santiago de Compostela- Traslado por terra de equipaxe desde Pontecesures ao hotel de Santiago
.- Visita á casa museo de Valle-Inclán
Descargar catálogo