Descrición
- Bislandia do Sur e Bislandia do Norte, así as coñecía un dos últimos fareros de Sálvora, testemuña das historias dos últimos anos dunhas illas irmás que protexen as entradas da ría de Pontevedra e Arousa respectivamente, no corazón das Rías Baixas.
- Dúas illas cheas de lendas, tradición e superstición, onde poderemos achegarnos aos seus faros e ás súas aldeas, testemuñas dos últimos intrépidos habitantes destes próximos paraísos fondeados preto da costa, de naufraxios e heroínas, de supervivencia e superación. Xa na illa de Ons, aínda poboada e habitado o seu faro, poderemos gozar da mellor gastronomía illana, cuxo segredo gardan sen moito recelo os últimos nativos deste arquipélago que sen dúbida nos sorprenderá nun tour, onde cultura, natureza, historia e sabor dan a man, e no que mesmo poderemos darnos un baño nalgunha das súas praias bañadas polas augas das rías e do Atlántico.
Que inclúe
- Guía no barco e nas Illas de Ons e Sálvora
- Miradoiros de realidade aumentada e audioguía
Non inclúe
Todo aquilo non especificado no itinerario e en "O prezo inclúe"
Recomendacións
Aconséllase roupa de abrigo para a travesía en barco, especialmente en tempada baixa se se quere viaxar nas cubertas exteriores.