Descrición
- Invitámoste a embarcarte nunha ruta especial cara o interior da ría de Pontevedra, para descubrir os grandes tesouros que agocha, desde a pequena Illa do Santo á curiosa illa de Tambo, achegándonos á Escola Naval Militar e o porto de Marín, e visitando o pequeno casco antigo de Combarro e as súas construcións típicas mariñeiras, un dos pobos mariñeiros con máis encanto de Galicia.
- Historias e lendas de piratas, de monxes, de mariñeiros e militares salpicarán este percorrido que nos levará a coñecer a costa de cinco concellos costeiros, con visita guiada a bordo e en Combarro, podendo incluír unha variante de navegación ata As Corbaceiras e visita ao casco histórico e zona monumental de Pontevedra.
Que inclúe
- Visita guiada a bordo e na vila de Combarro
- Miradoiros de realidade aumentada e audioguía
Non inclúe
Todo aquilo non especificado no itinerario e en "O prezo inclúe"
Recomendacións
Aconséllase roupa de abrigo para a travesía en barco, especialmente en tempada baixa se se quere viaxar nas cubertas exteriores.