Skip to main content

Nautic Destination

TRAVESÍA RÍAS BAIXAS E PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Descrición

Visita as Rías Baixas e o Parque Nacional das Illas Atlánticas nesta travesía de varios días na que navegaremos polas tres rías máis emblemáticas de Galicia: a ría de Arousa, a ría de Pontevedra e a ría de Vigo. Ademais, visitaremos as tres illas máis importantes que forman este parque nacional, co maior grao de protección medioambiental do país: Ons, Cíes e Sálvora que ofrecen unhas condicións únicas para a navegación a vela en calquera época do ano, polo que son ideais para gozar do mar, a natureza, a tranquilidade e o relax que nos brinda este contorno único. Tamén poderás participar en todas as manobras e tarefas da navegación e descubrirás a auténtica vida mariñeira a bordo dun veleiro de última xeración. Poderás navegar e visitar o parque nacional das illas atlánticas, fondear en calquera das súas paradisíacas praias, ou comer e degustar os pratos típicos da gastronomía galega: polbo, mariscos, peixes das rías... Contemplar unha marabillosa posta de sol ou gozar da navegación entre bateas e coñecendo as costumes das artes milenarias.

Que inclúe

Patrón profesional, Seguros, Combustible, Amarre nos portos do itinerario, Limpeza final, Roupa de cama, Embarcación auxiliar

Non inclúe

Comidas e bebidas dos pasaxeiros nin a manutención do patrón

Actividades complementarias

Paddle surf, Snorkel, buceo, imaxes aéreas, imaxes 360

Galería

TRAVESÍA RÍAS BAIXAS E PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICASTRAVESÍA RÍAS BAIXAS E PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Reserva

Prezo
849 EUR por persoa. Mínimo 4 persoas
Prazas
de 4 a 6
Presentación
09:50
Inicio
10:00

A actividade

Duración
5 días
Dificultade
Baixo
Embarcación
Veleiro habitable
Accesible
Media
Disponibilidade
A demanda

Onde

Encontro
Puerto Marina Vilagarcía
Saída
Puerto Deportivo Marina Vilagarcía de Arousa
Chegada
Muelle de Pasaje Isla de Ons

Operador

Operador
Gallery Yachts
Xestor
Ángel Frieiro
Teléfono
602 251 442

Reservar