Con este itinerario coñecerás e gozarás dunha navegación pola cultura marítima galega a través das súas vilas mariñeiras, os seus parques de cultivos en bateas e o patrimonio que nos fala da tradición pesqueira vinculada á salgadura e conserva. Todo iso no marco da ría de Arousa que grazas ás súas especiais características xeográficas son ricas en pesca e sobre todo en marisco.Para iso contaremos coa axuda da visión aumentada e de audios para descubrir as illas de Sálvora e Cortegada, pertencentes ao Parque Natural das Illas Atlánticas de Galicia e a Illa de Arousa, na ría que leva o seu nome. A nosa viaxe levaranos a visitar as vilas e barrios mariñeiros cos seus portos pesqueiros e os distintos tipos de embarcacións utilizados actualmente para a pesca de baixura e altura. Por exemplo, as dornas (barcos de marisqueo e pesca de baixura) falan da intensa vida mariñeira da zona. As vilas mariñeiras que descubriremos serán as de Vilagarcía de Arousa, Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Santa Uxía de Ribeira e Vilanova de Arousa,Ademais, descubriremos as súas salgaduras, que nos trasladarán na súa evolución ás actuais conserveras, as súas marabillosos areais, os berberechos e en Carril a ameixa que leva o seu nome, os museos, e as moi coñecidas sardiñas da ría (ten moita fama a de Rianxo)Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR.
Vilaxóan. Conservas
Visita á Exposición Etnográfica Mariñeira Mar de Boiro"- Visita ao Museo do Mar- Visita ao Museo do escritor Ramón María del Valle-Inclán- Visita á Lonxa de Ribeira- Visita á casa natal do escritor Ramón María del Valle-Inclán"
Conséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol. Maleta de viaxe branda para estibar no barco.
O itinerario é orientativo e podería variar segundo as condicións meteorolóxicas e segundo criterio do patrón que é o responsable da seguridade da tripulación.