Descrición
Saímos do porto de Carril para chegar á illa de Cortegada e coñecer todos os puntos de interese dentro da mesma. A ruta realizarase dunha forma inclusiva, empregarase a propia natureza para desenvolvela.
Que inclúe
- Miradoiros de realidade aumentada
- Audioguía en 5 idiomas
Non inclúe
Todo aquilo non especificado no itinerario e en "o prezo inclúe"
Recomendacións
Aconséllase chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol.