Skip to main content

Nautic Destination

Pantalán San Estevo nº1

Provincia de

Sobre este porto

Desde este pantalán aprecíase a impoñente verticalidade dos montes, que dá acceso a numerosos lugares de interese. Durante a travesía fluvial, desfrútanse magníficas vistas da estrutura do encoro, especialmente desde os miradoiros da Presa de San Estevo e do propio embarcadoiro, que permiten observar as augas do Sil e a forma sinuosa do río, así como as características xeolóxicas da beira oposta. Pódense realizar rutas de sendeirismo que discorren pola beira do río, por soutos (bosques de castiñeiros), así como ata fervenzas e capelas de gran valor paisaxístico e espiritual.

Entrada ao porto

Derroteiro e indicacións de aproximación

N/A (destino fluvial)

Galería

Pantalán San Estevo nº1

Localización

Enderezo
Loureiro s/n
Concello
Nogueira de Ramuín
Provincia
Ourense
País
España
C. postal
32164

Contacto

Coordenadas

Latitud
42.409020
Longitud
-7.642480

O porto

Eco-destino
Río Miño - Sil - Ribeira Sacra
Contorna
Nogueira de Ramuín destaca polos seus paisaxes e características xeolóxicas que nos dá o río Sil cos encoros de San Estevo Ribas do Sil e San Pedro do Sil; cos mosteiros de San Estevo (parador nacional) que desde o Miradoiro Penedos do Castro teremos unha vista aérea do mosteiro e a paisaxe co río Sil. Na proximidade temos a fervenza de San Estevo, a ponte de Gundrei, A Barca, as igrexas románicas de San Martín de Nogueira, San Cristóbal de Armariz, as ermidas da Virxe do Monte, A Barca, Costria, etc. Na cercanía están: os Peares que nos permite subir cara Pantón para desfrutar dos seus conxuntos históricos do río Miño; Ourense cidade co seu patrimonio e termas e o mosteiro de San Pedro das Rocas, que nos facultaría programar unha ruta circular.