No casco urbano de Arenys de Mar hai unha serie de lugares de obrigada visita. A igrexa parroquial de Santa Maria, o Museo Marès de la Punta, co contido de encaixes dos séculos XVI-XIX máis importante de Europa, ou o Museo Mollfulleda de Mineraloxía, que ten unha das mellores e máis completas coleccións de minerais de Cataluña. A ambos os dous lados da parte baixa da Riera, agochanse unha serie de lugares urbanos e casas de notable beleza. Consérvanse aínda algunhas das torres de defensa construídas contra a pirataría bereber.