Skip to main content

Nautic Destination

Porto Deportivo de Beluso e pantalán de tránsito

Provincia de

Sobre este porto

O porto deportivo de Beluso atópase situado na enseada de Bueu (ao norte da Península do Morrazo), entre a punta de Trimiño e o porto de Bueu. É de fácil acceso polo que se pode gozar da navegación todo o ano; a única dificultade a presentan as bateas fronte á enseada, que non están sinalizadas.Consta de tres pantaláns cos seus correspondentes fingers onde amarran barcos da 3ª e 7ª lista. O pantalán de tránsito está separado do porto. Ten a súa propia porta de acceso. Ten forma de “T”. Está situado ao sur do porto de Beluso. Ten capacidade para 3 prazas. A lámina de auga é moi tranquila e o amarre seguro, de cabeza e cabos ao finger. Características: Prazas de amarre para embarcacións: 62Eslora: 6 a 12 metrosCalado: 2 a 3 metrosPrazas de amarre no pantalán de tránsito: 3 prazasPódese fondear preto do porto, sobre fondos de area.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

O pequeno porto de Beluso atópase na costa sur da ría de Pontevedra, entre a punta Trimiño e o porto de Bueu.

A arribada, se é de noite, resulta complicada pola gran cantidade de bateas que hai fondeadas fronte á súa enseada e que non están sinalizadas. Agás esta complicación pola que procuraremos navegar moi atentos, a entrada ao porto non ofrece maior dificultade que a da propia entrada á ría.

Canle principal da Ría. Pasa pola boca suroeste, é a máis segura e a única abordable con calquera tipo de mar. Unha vez naveguemos Cabo Udra, e a entrada á ría de Pontevedra polo suroeste, dándolle o resgardo correspondente ao Cabezo de Mourisca, simplemente con sortear as bateas mexilloneras fondeadas presentarase a entrada a este porto.

Galería

Porto Deportivo de Beluso e pantalán de tránsitoPorto Deportivo de Beluso e pantalán de tránsitoPorto Deportivo de Beluso e pantalán de tránsito

Localización

Enderezo
Peirao Deportivo s/n Beluso
Concello
Bueu
Provincia
Pontevedra
País
España
C. postal
36937

Contacto

Email
bueu@portosdegalicia.com; beluso@portfriendly.com

Coordenadas

Latitud
42.3330053522082
Longitud
-8.798855487067248

O porto

Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Rural
Cultura mariñeiraEnogastronomíaNatureza