O porto de Combarro está situado na ría de Pontevedra, ten unha posición privilexiada rodeado de magníficas praias e moi preto das illas do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Consta de 334 prazas de amarre con finger, edificio de capitanía e servizos a usuarios, ten atraques de 16, 18, 20 e 26 metros, ademais doutros numerosos servizos. Marina Combarro é un porto de cinco estrelas, galardoado co premio Jack Nichol” do PIANC á excelencia no deseño de portos deportivos. Está acreditado pola British Yacht Harbour Association con 5 Gold Anchors, a máxima distinción que pode ter unha marina por servizo e instalacións. Combarro é un excelente fondeadoiro frecuentado polo protexido que está por moitas embarcacións que ancoran ao seu redor.”


