Skip to main content

Nautic Destination

Puerto Real Club Náutico Rodeira (Cangas)

Provincia de

Sobre este porto

A marina do Real Club Náutico Rodeira é moi segura. Atópase no pleno centro da Vila de Cangas, zona mariñeira e turística por excelencia. Ten 6 liñas de pantaláns con 269 prazas para esloras comprendidas entre os 6 e 20 metros. O atraque é de proa e o amarre a fingers. Capitanía de porto está no acceso aos amarres. Electricidade e auga nos pantaláns. Grua de 8 toneladas e travel-lift de 64 toneladas situados na dársena pesqueira. Ampla marina seca. O surtidor de combustible, gasóleo e gasolina, atópase na cabeceira do porto pesqueiro. Servizo de vixilancia, contra incendios e seguridade. Información meteorolóxica diaria. Recollida de lixo, contedor para aceites e limpeza xeral dos pantaláns.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

O porto deportivo de Cangas atópase na costa norte da ría de Vigo, entre cabo Balea e punta Rodeira. Unha vez superados os baixos de Borneira, xalonados por unha torre branca e vermella ao seu noreste atópase Punta Balea, antesala da enseada de Cangas de Morrazo, cunha amplitude de 1,2 metros e unha profundidade desde a demora a 058º entre Balea e Rodeira de 0,7 metros.

En Punta Balea destaca un illote e as ruínas dunha antiga factoría cun espigón non practicable. A entrada ao porto é franca, realizándoa como para todos os da ría de Vigo, polo canal principal e achegándonos ao norte, identificando a boya número 8 do Salgueirón. Precisamente este baixo é o único obstáculo que nos podemos atopar.

Podemos deixar a boya por babor ou estribor e navegando ao norte teremos a punta do espigón pola proa. O outro punto perigoso está máis cara ao interior da ría, os baixos de Rodeira, que tamén os delimita outra boya. En canto dobremos o espigón de abrigo exterior, atoparémonos co peirao pesqueiro cara a babor e o deportivo ao norte do espigón interior.

Galería

Puerto Real Club Náutico Rodeira (Cangas)Puerto Real Club Náutico Rodeira (Cangas)Puerto Real Club Náutico Rodeira (Cangas)

Localización

Enderezo
Avda. de Bueu, 1
Concello
Cangas
Provincia
Pontevedra
País
España
C. postal
36940

Contacto

Radio VHF
Canal 6

Coordenadas

Latitud
42.26069200
Longitud
-8.78384900

O porto

Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Cultura mariñeiraEnogastronomíaMotorNaturezaVela