Skip to main content

Nautic Destination

Nosotros

A idea e os seus obxectivos

A Asociación Galega de Actividades Náuticas-AGAN+ leva máis de 20 anos traballando desde Galicia para promover as actividades náuticas para todos. Buscou a colaboración da Xunta de Galicia a través da entidade xestora de portos Portos de Galicia, do departamento responsable do desenvolvemento da cultura marítima e do departamento de Promoción Turística, e do territorio do Alto Minho en Portugal que é referencia no desenvolvemento e potenciación da náutica para desenvolver un proxecto de cooperación transfronteiriza denominado ECODESTIN e que foi financiado con fondos FEDER da Unión Europea. www.ecodestin.com

Todas estas entidades, públicas e privadas uníronse para achegar o territorio desde o mar promovendo a creación de rutas turísticas que inclúen unha actividade náutica e unha actividade cultural ou de natureza en terra, por zonas protexidas para ofrecer unha navegación turística para todos os públicos e abrir a náutica a todo o mundo e ao turista.


<\/p>

Con esta iniciativa preténdese ofrecer unha plataforma que axude aos destinos a converterse en Destinos Náuticos e Culturais, aos turistas a coñecer o territorio desde unha nova visión e forma e ao empresario local a crear paquetes turísticos e rutas náutico culturais que poderá ofrecer desde este espazo.

<\/p>

Esta plataforma complétase con outras ferramentas para facilitar a todos o desfrute do destino.<\/strong><\/p>

  • A plataforma de promoción e reserva de escalas turísticas en portos www.portfriendly.com<\/li>
  • A plataforma de visita en terra de monumentos desasistidos: www.puntocultura.com<\/li>
  • A aplicación de realidade aumentada náutica Nautic Augmented Reality – NAR dispoñible en sistema Android-IOs que che fará de asistente para descubrir desde o mar e a través dos miradoiros de realidade aumentada os principais atractivos que se agochan en terra e que mediante esta aplicación son ubicados, identificados e vividos coa súa audioguía en 5 idiomas.<\/li> <\/ul>
Contacto

¿Ten algunha pregunta?

Rúa Martínez Garrido 55, entresoleiro Ofc. 2
36205 Vigo (Pontevedra)<\/p>

+34 986 168 338