Skip to main content

Nautic Destination

Puerto Deportivo Juan Carlos I (Sanxenxo)

Provincia de

Sobre este porto

Sanxenxo é un referente turístico de primeira magnitude en Galicia. A calidade dos seus mariscos e peixes é insuperable e en calquera dos restaurantes e tabernas do porto pódense degustar excelentes caldeiradas e mariscadas. Nos seus arredores podemos gozar de fermosas praias como Silgar, Baltar, Caneliñas, Montalvo, Foxos ou A Lanzada. Resultan de interese os conxuntos arquitectónicos civís e relixiosos de Adina, Nantes, Padriñán, Bordóns e Gondar. Neste municipio abundan restos arqueolóxicos do Paleolítico, como por exemplo o bifaz achelense de Randulfe e unha serie de mámoas que van desde a Punta de Montalvo ata o Faro de Noalla. O porto de Sanxenxo atópase na mesma enseada que o porto de Portonovo. O porto consta de 421 amarre, para barcos con esloras de 6 a 44 metros. O calado mínimo da instalación é de 2,50 metros e máximo é de 10 metros.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

Paso do noroeste polo Canal de A Faxilda. O Canal de A Faxilda atópase entre o baixo Faxilda e o de Picamillo. A baliza de Picamillo e a boya de Faxilda de día e as súas luces durante a noite, facilitarán a navegación por este paso. Para tomalo con seguridade débese levar a enfilación de Punta Cabicastro e o Monte Domaio a 124 graos. Pódese navegar moi próximo a Picamillo deixando a baliza ao oeste. Rebasando Punta Cabicastro navegaremos cara o interior da ría ata observar Punta Vicaño que nos indicará a entrada ao porto de Portonovo, precedida dunha pequena enseada, a de Caneliñas, e dun cantil de 400 metros de lonxitude, a continuación deste porto atoparémonos na mesma enseada co porto Juan Carlos I.

Galería

Puerto Deportivo Juan Carlos I (Sanxenxo)Puerto Deportivo Juan Carlos I (Sanxenxo)Puerto Deportivo Juan Carlos I (Sanxenxo)

Localización

Enderezo
Puerto deportivo Juan Carlos I, 26
Concello
Sanxenxo
Provincia
Pontevedra
País
España
C. postal
36960

Contacto

Radio VHF
Canal 9

Coordenadas

Latitud
42.39790745
Longitud
-8.80446321

O porto

Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Urbano
Cultura mariñeiraEnogastronomíaMotorNaturezaVelaKayak / SurfSubmarinismoRelax e saúdeTurismo exclusivoTurismo accesible