Entrada ao porto
Derrotero e indicacións de aproximación
A ría de Baiona, está aberta completamente aos ventos do terceiro e cuarto cadrante, cunha apertura de 1 milla entre as illas Estelas ao suroeste de Punta Lameda e a punta do Boi, na península de Monterreal. É conveniente ter o portulano (carta náutica en detalle) da Ría de Baiona e entradas por mar para entender a situación xeográfica de todos os fitos na entrada desta ría.
1.- Do extremo noroeste da península de Monteferro atópase Punta Lameda co seu faro que é unha boa marca na nosa derrota (camino de entrada) procedendo da boca norte ou da Ría de Vigo.
2.- Ao oeste do extremo de Monteferro atopamos toda unha cadea de illotes, As Estelas e pedras, as Serralleiras que se estenden ata 1,7 millas da súa ladeira e que constitúen as maiores illas e principais perigos que ten esta enseada de Baiona na súa parte norte.
3.- Cara ao sur de Serralleiras fondean unha cadea de pedras, os Carallóns e ao nornoroeste o baixo a Negra, todos xalonados. Tres son os canais principais para entrar nesta enseada: Canal Principal, entre Serralleiras e Silleiro. Canal da Porta entre Estela de terra e Monteferro. Canal de Carracuido entre Astilla de mar e Serralleiras.