O porto de Cabodeiro atópase no noroeste da Illa de Arousa, un espazo natural privilexiado situado no corazón da ría, na provincia de Pontevedra. Na actualidade únese ao continente mediante unha ponte de 2 quilómetros.
A Illa de Arousa propón ao visitante o desfrute das súas fermosas praias, excursións ao parque natural de Carreirón (declarado en 1989 “Zona Húmida de importancia Internacional”), a práctica de actividades acuáticas ou simplemente degustar a súa deliciosa gastronomía. A pesca, o marisqueo e o cultivo do mexillón nas características bateas son o medio de vida dos seus habitantes.


