Con este itinerario, desfrutemos coñecendo a cultura do mexillón e a vida do dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán, que nos amosará a ría de Arousa. Iniciaremos a navegación no porto de Vilagarcía de Arousa para continuar polas localidades de Boiro e Vilanova de Arousa, que nos ofrecerán unha visión nova desta ría.
A historia do cultivo do mexillón iníciase a mediados do século XVIII, cando os escabechados das ostras galegas estaban en pleno apoxeo. O por aquel entón Rexedor de Santiago de Compostela, Don José Cornide Saavedra, xa dicía do mexillón que a súa carne, despois da da ostra, é a mellor". Nesta época non existía un cultivo en sentido estrito. O mexillón procedía de parques ou zonas determinadas, suxeitas a un réxime de concesión que ostentaban algunhas familias."
Que inclúe
Xantar
Entradas a museos
Miradoiros de realidade aumentada
Audioguía en 5 idiomas
Non inclúe
Todo aquilo non especificado no itinerario e no prezo inclúe""
Recomendacións
Aconséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo
(tipo náutico con sola non negra), crema e lentes solares
Galería
Reserva
Prezo
Prezo por persoa 99EURPrezo grupos (a partir de 6 persoas) 89EUR