Este itinerario náutico cultural está vinculado ás antigas rutas de comercio dos fenicios en busca do estaño que se atopaba nas illas Casitérides, unha das cales serían as Illas Cíes. As illas Cíes forman parte do único Parque Nacional de Galicia que se denomina Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Este itinerario realízase nunha embarcación a vela. Poderemos gozar da paisaxe e as vistas panorámicas e, coa axuda dos miradoiros desde o mar da aplicación de realidade aumentada, desfrutaremos das Illas Cíes e das súas paradisíacas praias.
Hai arredor de 3.000 anos, un grupo de fenicios partiron desde a actual costa libanesa e navegaron ata acadar o litoral atlántico da Península Ibérica, para rematar, comerciando cos pobos celtas en terras da actual Galicia. Unha das evidencias deste paso atópase nas Rías Baixas, no templo púnico do castro costeiro de Punta de Muíño, en Vigo.
Que inclúe
Visita guiada con guía oficial ás illas Cíes
Xantar na illa
Miradoiros de realidade aumentada
Audioguía en 5 idiomas
Non inclúe
Todo aquilo non especificado no itinerario e no prezo inclúe""
Recomendacións
Aconséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo
(tipo náutico con sola non negra), crema e lentes solares
Galería
Reserva
Prezo
Prezo por persoa 99 EURPrezo grupos (a partir de 6 persoas) 89 EUR