En 1493, Baiona foi a primeira vila do vello continente en coñecer a existencia do novo mundo tras a chegada da carabela La Pinta" comandada por Pinzón. Unha espectacular travesía circular pola boca da ría de Vigo seguindo a costa sur ata a enseada de Baiona, con visita a esta vila mariñeira, con ruta guiada a bordo e opcional na illa, e con información sobre que visitar en Baiona (Museo da Navegación, Carabela Pinta, Virxe da Rocha, Casco Antigo, Parador Monterreal, etc.).A continuación, poñeremos rumbo cara ás illas Cíes, coñecidas polos romanos como as illas dos deuses e onde se atopa a considerada mellor praia do mundo, a praia de Rodas, facendo un espectacular fronte a todo o arquipélago e coñecer desde o mar todos os recunchos, historia e todos os valores naturais deste paradisíaco enclave situado na entrada da ría, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.A travesía rematará cun paseo pola costa norte da ría, desde Cabo Home a Punta Borneira, pasando por algunhas das mellores praias de Galicia."
Todo aquilo non especificado no itinerario e en "O prezo inclúe"
Aconséllase roupa de abrigo para a travesía en barco, especialmente en tempada baixa se se quere viaxar nas cubertas exteriores.
Descargar catálogo