A Ruta Marítima recrea esta travesía desde Ribeira ata Padrón, a partir de aí, a ruta Xacobea continúa o trazado do Camiño Portugués ata a catedral de Santiago, onde repousan os restos do Apóstolo.Con este itinerario descubrirás en veleiro pola ría de Arousa e en lancha motora polo río Ulla os lugares polos que, segundo conta a lenda do Apóstolo Santiago, discorreu o tramo final do traslado do seu corpo desde Xerusalén ata Galicia.Conta a tradición que Santiago o Maior, un dos apóstolos predilectos de Xesús que foi decapitado por orde de Herodes Agripa, tras a súa morte, os seus discípulos recolleron os restos do santo e trasladáronos nunha barca sen timón, que Deus guiou desde Palestina ata as costas galegas, onde foi enterrado. Sobre a tumba ergueuse un mausoleo segundo o modelo das necrópoles romanas, formado por unha pequena construción rodeada de columnas, cuxos restos permanecen no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.Nace esta ruta en Ribeira, porta norte de entrada á ría de Arousa, con travesía en veleiro polas vilas do Barbanza, continuando cunha subida ao río Ulla en embarcación lixeira a motor ata Pontecesures e trasladándose por terra a Padrón para a entrega do Diploma Traslatio Xacobea, previa presentación da Cartilla Náutica correctamente selada.A Ruta Marítima está salpicada de localidades costeiras que atesouran espazos naturais e un patrimonio histórico-cultural de extraordinario valor como o existente nas vilas mariñeiras de Ribeira, a histórica Pobra do Caramiñal coa súa Torre de Xunqueiras (S. XV) e a Torre de Bermúdez (S. XVI), ambas declaradas Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional, Boiro e Rianxo vila vinculada a grandes escritores galegos. Tamén inclúe gozar desde o río Ulla outro patrimonio como o das Torres de Oeste de Catoira; a necrópole tardorromana e medieval da capela de Os Mártores, en Valga; e logo en terra a igrexa neoclásica de Santiago en Padrón, onde se atopa o célebre pedrón" onde amarraron a nave os discípulos de Santiago, Santiaguiño do Monte, e onde, segundo a tradición cristiá, predicou o Apóstolo. A Traslatio Xacobea está promovida pola Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa. Para a súa obtención é necesario ter a Cartilla Náutica e realizar polo menos dous selados en dous portos da Ría de Arousa e realizar o último selado e entrega de diploma na Igrexa de Santiago de Padrón. Este circuíto inclúe o selado en Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Vilanova de Arousa e Padrón.Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR."
Sálvora y las Casitérides; Muelle fenicio de A Covasa; Castros de Neixón; Puerto de Ribeira. Paseo Litoral; Puerto de Palmeira. Mirador do Castelo. Estatua del emigrante; Corrubedo villa marinera. Faro de Corrubedo. Escultura Grip; Castro da Cidá; Pedra da Rá; Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e Vixán. Gran Duna; Fervenza de Cadarnoxo; Coto da Filloa; Escarabote. Puerto. Villa marinera. Museo
Visita á Lonxa de Ribeira- Visita ao Museo Valle-Inclán - Visita ao Museo do Mar de Rianxo- Visita á Exposición Etnográfica Mariñeira Mar de Boiro"- Visita á igrexa onde está o Pedrón"
Conséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol. Maleta de viaxe branda para estibar no barco.
O itinerario é orientativo e podería variar segundo as condicións meteorolóxicas e segundo criterio do patrón que é o responsable da seguridade da tripulación.
Descargar catálogo