As salinas de A Guarda forman parte do maior complexo de explotación de sal documentado do Imperio Romano, o cal abarca outras zonas do noroeste peninsular como son Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosiños.
A sal sempre tivo unha gran importancia desde tempos remotos, a súa historia está moi unida ás transaccións económicas da historia da humanidade, actividade que deixou nomes como salario. É materia prima indispensable para a industria da salga. Así que o achado das salinas indica o valor e relevancia desta zona para a produción de sal na época romana.
Na súa forma máis rudimental, as salinas, consisten nun raspado de uns dous centímetros realizados en grandes pedras dando lugar a un afundimento onde se pode quedar estancada unha pequena cantidade de auga salgada que ao evaporarse precipita a sal contida nela. A este tipo de formación chámaselle rupestre.
Salinae chámanse aquelas formadas por unha serie de cubetas de forma cadrangular, delimitadas por losas de esquisto ou granito, que aparecen dispostas sistematicamente en batería, e que se forman por un chan de arxila impermeable, ás veces compactado con grava, e disposto sobre un preparado de nivelación que pode estar formado por losas.
A auga do mar entraba directamente nos tanques coa forza das mareas; a continuación, ía pasando dun tanque a outro, evaporándose progresivamente pola acción do sol, ata a súa cristalización final.
As salinas pódense atopar seguindo a ruta PRG-160 na zona de O Seixal, Camposancos I en A Armona e Camposancos II en O Puntal
As salinas de A Guarda forman parte do maior complexo de explotación de sal documentado do Imperio Romano, o cal abarca outras zonas do noroeste peninsular como son Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosiños.
Na súa forma máis rudimental consisten nun raspado de uns dous centímetros realizados en grandes pedras dando lugar a un afundimento onde se pode quedar estancada unha pequena cantidade de auga salgada que ao evaporarse precipita a sal contida nela. A este tipo de formación chámaselle rupestre.
Salinae chámanse aquelas formadas por unha serie de cubetas de forma cadrangular, delimitadas por losas de esquisto ou granito, que aparecen dispostas sistematicamente en batería, e que se forman por un chan de arxila impermeable, ás veces compactado con grava, e disposto sobre un preparado de nivelación que pode estar formado por losas.
A auga do mar entraba directamente nos tanques coa forza das mareas; a continuación, ía pasando dun tanque a outro, evaporándose progresivamente pola acción do sol, ata a súa cristalización final.
Os conxuntos de salinas atópanse en diferentes zonas como:
- O Seixal
- Fonte Quentes localízase na liña de costa, entre as poboacións de A Guarda e Camposancos, nunha zona de pequenos cantís, areais sedimentarios e praias de cantos e bloques, situada ao pé da forte ladeira que crea a vertente oeste da elevación granítica do monte Santa Tegra.
- En Armona a salina Camposancos II atópase un interesante conxunto de salinas algo afastadas da costa, situado a uns 300 metros en liña recta respecto ao actual nivel do mar. Está formado por unhas 20 ou 30 salinas individuais, dispostas en varios conxuntos.
- O Puntal, onde se atopa a salina Camposancos II situadas ao norte do río Miño, aquí aparecen máis de 50 salinas individuais que frecuentemente se atopan formando conxuntos.
A escavación liderada por Brais Currás, investigador da Universidade de Coímbra, do grupo de investigación EST-AP do CSIC dentro do proxecto A Guarda, Mar de Sal" e de Mar Cortegoso, directora de escavacións. Avanzou nas investigacións sobre as salinas de O Seixal e Camposancos."
O Concello de A Guarda, na provincia de Pontevedra, desenvolve desde o pasado ano 2015 un completo proxecto de recuperación das Salinas de O Seixal. Neste lugar levaronse a cabo diferentes escavacións para averiguar máis datos sobre o pasado deste municipio.
Grazas ás investigacións derivadas do proxecto A Guarda, Mar de Sal e ao alumnado das universidades de Coímbra, Vigo e Santiago de Compostela, descubriron unhas antigas salinas da época romana neste lugar. Nelas, deixábase evaporar a auga salgada procedente do mar para aproveitar a súa sal, secala e comercializala.
As salinas de A Guarda supuxeron un importante punto de comercialización durante toda a época do Imperio Romano. A sal extraída da auga do litoral da antiga Gallaecia utilizábase principalmente para a produción de salga de peixe, tan importante nas costas do noroeste da Península Ibérica.
A salga é, posiblemente, unha das especialidades gastronómicas máis antigas do noso país. É un método destinado a preservar os alimentos, de forma que se atopen dispoñibles para o consumo durante un maior tempo. O efecto da salga é a deshidratación parcial dos alimentos, o reforzo do sabor e a inhibición dalgunhas bacterias. A súa orixe remóntase á Idade do Bronce, ante a necesidade de manter o peixe de maneira óptima durante o transporte e o comercio, que naquela época podían durar varios días.
Aínda que na maioría dos casos este método emprégase para salar peixes, este método de conservación tamén é apto para carne, froitas e verduras.