O castro de Chandebrito atópase na parroquia de San Xosé de Chandebrito, situada no concello pontevedrés de Nigrán, no monte O Castro, a 376 metros sobre o nivel do mar, o que lle confire unha situación xeográfica estratéxica. Trátase dun dos castros que mellor conserva a súa configuración primitiva. Este castro é visible desde numerosos lugares dos vales Fragoso e Miñor e tamén desde a desembocadura do río Lagares, no extremo sur da praia viguesa de Samil.Situado na zona cero da grave vaga de incendios que asolou Galicia en outubro de 2017, o castro de Chandebrito foi descuberto hai 75 anos polo arqueólogo Luis Monteagudo. A primeira escavación seria do entorno realizouse hai unha década, aínda que se pechou por falta de financiamento hai unha década. Escavacións recentes sitúan a orixe do asentamento arredor do século VIII a. C., a finais da Idade do Bronce, nos inicios da cultura castreña, que se estendería polo resto de Galicia tres séculos máis tarde coa construción da maioría dos asentamentos coñecidos. Así mesmo, apuntan a que a súa ocupación se prolongou ata polo menos o primeiro milenio da nosa era, xa ben entrada a época romana. Un colar de orixe púnica, de pasta vítrea de cor azul, unha xoia que non existía en Galicia, e unha asa de ánfora achados durante as escavacións constatan a relación comercial deste asentamento con pobos do Mediterráneo, que posiblemente viñeran en busca de casiterita, a forma mineral do óxido de estaño, co que fabricaban o bronce.
Os fenicios vivían en cidades independentes e, aínda que tiñan en común unha serie de elementos aglutinadores, como o idioma, as costumes, a relixión e a cultura, Fenicia non existía como entidade territorial e nunca constituíu un estado unificado. As urbes fenicias a miúdo estaban enfrontadas por rivalidades comerciais, e ningunha delas chegou a impor a súa hegemonía sobre as demais. Estaban situadas en penínsulas, como Biblos e Sidón, ou ben en illas, como no caso de Tiro. Cada unha delas posuía un territorio en terra firme que lle permitía obter os produtos da agricultura e a gandería necesarios para a súa subsistencia. A súa economía, con todo, baseábase sobre todo na industria e o comercio, especialmente o marítimo.Politicamente, estas cidades-estado eran monarquías hereditarias. Estaban gobernadas por un rei ao que asistía un consello de anciáns, no que se atopaban representadas as grandes familias da poderosa clase social mercantil. De feito, tratábase dun réxime a medio camiño entre a monarquía e a oligarquía, que contaba tamén cun nutrido corpo de funcionarios.A diferenza doutras culturas veciñas, os fenicios nunca tiveron a ambición de conquistar territorios e someter a outros pobos para aumentar o poder dos seus gobernantes. Por iso non se preocuparon en destacar no terreo militar. Baseaban a súa defensa na ubicación das súas cidades en lugares de difícil acceso e na protección das súas murallas. E respecto aos seus poderosos veciños asirios e babilonios, preferiron, antes que loitar, pactar e converterse nos seus tributarios.
O Castro de Chandebrito localízase no Monte do Castro, en Nigrán (provincia de Pontevedra). Nel, pódense observar restos da cultura castreña, caracterizada por construcións circulares e restos das murallas que servían para protexer á poboación.Este Castro é un dos máis antigos de Galicia, pois data aproximadamente a finais da Idade do Bronce, cara ao século VII a.C. Naquela época fabricábanse utensilios deste metal grazas á combinación de cobre e estaño. Grazas ás investigacións dos restos cerámicos atopados baixo terra, constatouse que no castro de Chandebrito viviron persoas durante distintas épocas.A través das investigacións e escavacións achouse un colar que os expertos relacionan cos pobos do Mediterráneo. A sociedade fenicia buscaba as materias primas para despois vendelas xunto con outros minerais e diferentes produtos a través do sistema do trueque, usando o intercambio de produtos.