Skip to main content

Nautic Destination

Xacemento O Castro

Sobre este patrimonio

O xacemento castreño O Castro forma parte dun gran castro da Idade do Ferro que ocupou todo o monte de O Castro. Estivo habitado, segundo os datos arqueolóxicos, entre o século III a. C. e o III d. C., cando os seus habitantes se trasladaron á zona litoral do actual Vigo. Foi un dos primeiros lugares que se ocuparon na cidade. O Castro de Vigo sería un castro moi poboado, de grandes dimensións. Como noutros castros, os seus habitantes vivían da agricultura, a gandería, a recollida, a pesca e o marisqueo. Posiblemente, fora un oppida, un asentamento de gran tamaño que sería un centro social, económico e político. O xacemento amosa restos arqueolóxicos e tamén a recreación con varias vivendas ambientadas no século I d. C., a súa época de maior apoxeo.

Para saber máis

Os fenicios eran politeístas e cada cidade tiña o seu propio panteón, coa onmipresenza de deidades femininas como Astarté ou Tanit, que encarnaban os principios de fertilidade e prosperidade, ben asentados na cultura mediterránea a través da figura da Gran Deusa Nai. O carácter intercambiable das deusas esténdese tamén aos nomes dos deuses masculinos, como Baal (en masculino) e Baalat (en feminino), que tamén significan "señor" e "señora", respectivamente. Baal é venerado como deus das montañas e os lugares elevados, as tormentas, os mananciais e os ríos. Cando os fenicios elixían un promontorio, unha península ou unha illa para situar o porto e a zona de transacción comercial, consultaban o oráculo, levantando na zona un templo para sacralizalo. Este era necesario para levar a cabo os xuramentos pertinentes en calquera intercambio comercial e para poder realizar rituais e ofrendas para pedir amparo ao longo das travesías. Tamén servían de espazo neutral para as transaccións. O alfabeto é a achega cultural máis importante dos fenicios. As escavacións en Ra´s Samra permitiron coñecer a existencia dun alfabeto que utilizaba signos cuneiformes, de orixe mesopotámico, usado para escribir en lingua semítica, precedente directo e inmediato do fenicio da época clásica. A inscrición do rei Ahiram de Biblos amosa que no século XIII a. C. a escritura fenicia alcanzara xa a súa forma case definitiva e nos primeiros séculos do primeiro milenio existen varios testemuños de inscricións co sistema completo, de 22 signos. Este alfabeto foi posteriormente adoptado polos gregos, con adaptacións, e destes pasou aos romanos.

Para coñecelo mellor

O monte de O Castro, en Vigo (Pontevedra), é un dos principais pulmóns para esta cidade de aproximadamente 300.000 habitantes. Nel, pódense explorar diferentes especies de árbores e plantas ou pasear polo antigo castelo de Santa María de Castro. Ademais, atópase o xacemento arqueolóxico de O Castro, onde naceu a cidade de Vigo, entre os séculos II a.C. e III d.C. Grazas á reconstrucción de tres edificacións castrexas dun dos poboados máis extensos de Galicia, podemos imaxinarnos como vivían os seus habitantes hai uns 2.000 anos. A cultura castrexa fusiónase coa romana dando lugar á coñecida cultura galaico-romana. Cando falamos de Castros referímonos a un poboado fortificado de pedra que se empezou a habitar desde o século VI a.C. As casas adoitan contar cunha estrutura circular. Estas cubríanse con tellados elaborados con ramas, barro e varas.

Galería

Xacemento O Castro

Localización

Localidade
Vigo
Concello
Vigo
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Xacemento
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
3,2 km / 8 minutos en coche

A visita

Horario
Aberto festivos: Si / Horarios: Visita libre
Visitábel
Si
Interpretación
Si
Accesible
No
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.22994400
Longitud
-8.72603000