Bueu ten unha historia milenaria, que testemuñan as mámoas e petroglifos repartidos por este municipio, no medio da ruta atlántica das Casitérides. Aínda que non hai restos mediterráneos documentados, é difícil pensar que os navegantes fenicios pasasen de longo.
Entre estes vestixios antigos que atesoura Bueu destacan as mámoas de Castiñeiras, que se atopan enterradas no recinto dun parque empresarial, e a mámoa de Forno das Arcas, en Cela. Estes sepulcros prehistóricos, tan característicos do megalitismo en Galicia, son amontoamentos de terra e pedras que agochan no seu interior un dolmen. En Castiñeiras tamén destaca o petroglifo de Abelaires, un conxunto de gravados rupestres de 4.000 anos de antigüidade que xa saudaron aos fenicios ao seu paso por Galicia. O petroglifo de Castiñeiras reproduce deseños que se repiten noutros xacementos de Galicia: potas, círculos e labirintos. Bueu está salpicado de castros: o de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividade, todos eles da Idade do Bronce; e outros posteriores, como os de Pescadoira e Meiro.
O refuxio prehistórico de Chan de Castiñeiras, situado en Bueu, é un dos campos de mámoas e dólmenes máis importantes de Galicia. Atópase preto do parque de Cotorredondo e do Lago de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín (Pontevedra). Os dólmenes, propios do final do Neolítico, eran un tipo de monumento funerario; é dicir, onde se enterraban aos defuntos de poboados veciños. Na mesma liña, as mámoas ou medoñas eran sepulcros formados por un dolmen cuberto por un montículo de terra que, antigamente, se utilizaban para sinalar ou cubrir unha tumba. Grazas ás diferentes investigacións, descubriuse a Mámoa do Rei", construída arredor do 3.000 a.C. Duns 25 metros de diámetro, dá lugar a unha das mámoas máis importantes de Galicia."