Skip to main content

Nautic Destination

Moaña e Domaio. Ruta dos muíños. Petroglifos de Moaña

Sobre este patrimonio

Moaña é unha poboación da provincia de Pontevedra, que, xunto con Marín, Cangas e Bueu, forman a Península do Morrazo. Esta comarca é coñecida polas súas costas e a súa particular beleza natural que combina a paisaxe costeira con outras propias de montaña. Moaña conserva un importante patrimonio cultural, o Museo das Carreiras, o Pazo do Rosal, e o Pazo de El Real, A Igrexa de San Martiño, as rutas ata as praias de Vedeira, Meira, Domaio, O Con ou A Borna, entre outras. E é en Domaio, onde nos deteredemos nesta ocasión. Entre as opcións de lecer que nos ofrece, percorreremos a Ruta dos Muíños da Fraga en Moaña. Esta ruta percorre o río ata a súa desembocadura na Ría de Vigo. No itinerario o visitante atopará ata 30 muíños hidráulicos, situados nun entorno de gran beleza natural. O itinerario está arroupado por abundante vexetación e o río regálanos tanto espectaculares saltos de auga como tranquilas pozas. Está sinalizado, conta con algún ponte de madeira e paseos pechados tamén en madeira. Moitos dos muíños están restaurados e máis dun segue en uso. Moaña tamén ten petroglifos en Montealegre, A Borna, As Cidades, Pozo Garrido, A Escada e Os Remedios. Os petroglifos son representacións simbólicas gravadas en rochas no Neolítico, estes gravados están considerados como previos á escritura. Os afeccionados á arqueoloxía poderán visitar ademais dos petroglifos a Mámoa de Chan da Arquiña ou restos da cultura castrexa como o Castro de Montealegre.

Para saber máis

Os muíños de auga usábanse antigamente para moer os distintos cereais que se cultivaban na zona, en xeral tratábase de trigo, centeo e millo, que aproveitando a forza da auga facían mover o mecanismo que trituraba o cereal. É unha construción típica de Galicia que ademais de servir para converter os cereais en fariña, contribuíu tamén a desenvolver o noso folclore. A ruta dos Muíños adéntrase nun bosque atlántico caducifolio, no que o carballo ten unha presenza especial e predominante. Tamén atopamos ameneiros, salgueiros, castiñeiros, loureiros e tamén especies non autóctonas como o eucalipto. O casco urbano de Moaña ofrece aos visitantes todos os servizos e opcións de lecer que poida necesitar. Moaña é destino de sol, praia e natureza, pero tamén gastronómico e cultural. Punto de partida para coñecer toda a comarca do Morrazo ou para gozar dunhas estupendas vacacións sen deixar a localidade. A parroquia de Domaio comeza aos pés do Ponte de Rande. Conta cun porto protexido dos ventos do sur que lle permite dar refuxio aos seus 198 puntos de amarre e os seus 9 pantaláns. Domaio está situado na cara norte da ría de Vigo e ocupa a ladeira do monte Faro de Domaio, a localidade conta con todos os servizos, praias como a coñecida Praia de Domaio e o Club de Golf Domaio entre outros atractivos.

Para coñecelo mellor

Domaio, unha parroquia de Moaña, conta cunha curiosa historia sobre o Ponte de Rande, pois está aos seus pés. Neste lugar celebrouse a famosa Batalla de Rande. A ruta dos muíños en Moaña móstranos a fermosa paisaxe do río Fraga e das parroquias de Moaña e Meira. No percorrido, podemos chegar a atopar ata 30 muíños de auga, fervenzas, pontes, lavadoiros ou fontes. Estas aceñas eran as máquinas da época, pois revolucionaron todos os métodos coñecidos ata o momento. Grazas a elas, o ser humano xa podía axudarse doutros métodos para triturar e moer alimentos. En Moaña podemos atopar diversos petroglifos; é dicir, gravados e debuxos nas rochas que nos axudan a saber máis sobre o noso pasado. Como exemplo cabe mencionar os petroglifos do Castro Montealegre -onde se poden ver gravados de cuncas e formas circulares-; os petroglifos da Borna -da Idade de Bronce- ou o petroglifo da Escada, composto por círculos. Situado na provincia de Pontevedra, Moaña localízase na costa do Morrazo. Esta última está formada por cinco concellos: Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa.

Galería

Moaña e Domaio. Ruta dos muíños. Petroglifos de MoañaMoaña e Domaio. Ruta dos muíños. Petroglifos de MoañaMoaña e Domaio. Ruta dos muíños. Petroglifos de MoañaMoaña e Domaio. Ruta dos muíños. Petroglifos de Moaña

Localización

Localidade
Domaio
Concello
Moaña
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Petroglifos
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
Distancia: 4,3 km / 7 minutos en coche

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.29839100
Longitud
-8.68272000