Skip to main content

Nautic Destination

Parque de Salvaterra

Sobre este patrimonio

Salvaterra, unha poboación ligada ao río Miño, é unha poboación da área metropolitana de Vigo. Atópase a unha altitude de 150 metros sobre o nivel do mar. Limita cos concellos de Ponteareas, Mondariz, A Cañiza, As Neves, Salceda, Tui e polo sur co Río Miño e Portugal. Salvaterra, xunto con gran parte dos concellos anteriormente mencionados forma a Comarca do Condado.

A súa poboación ronda os 10.000 habitantes e o seu microclima especial, permiten gozar de unhas envidiables plantacións hortícolas e viñícolas.

Pero falemos do seu Parque Público. Coñecido como "A Canuda", este parque público bañado polas augas do Río Miño, ten unha extensión de 200.000 m2., e trátase dunha das maiores extensións acondicionadas para o ocio de todo o noroeste peninsular.

No parque perfectamente coidado, podemos atopar columpios, tobogáns, castelos ou xogos de mesa como o parchís ou o xadrez debuxado no chan. Tamén mesas de pimpón e o xogo da chave.

A zona conta co seu propio lago no que habitan patos. Conta ademais con xardíns, zonas arboradas, paseos e zonas de descanso e relaxación. Poderás atopar ata un anfiteatro, unha zona de interese etnográfico con útiles de labranza. O complexo complétase cunha piscina, unha área deportiva e de rehabilitación para os máis maiores. Tamén se pode atopar un paseo para peóns e bicicletas."

Para saber máis

O río Miño deixa ao seu paso por esta vila illas, illotes e rochas de gran tamaño, a illa principal é a Illa de Salvaterra e a de Fillaboa.

A principal illa de Salvaterra é Fillaboa que se atopa augas abaixo e bastante preto do Parque.

A escasos metros do Parque tamén nos atopamos co ponte que une España e Portugal, Salvaterra e Monção.

Pero Salvaterra do Miño ten moito máis que ofrecer aos seus visitantes, como a Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebra o último fin de semana do mes de agosto, e rende homenaxe ao prezado viño do Condado, que pertence á D.O. Rías Baixas. Brancos albariños e brancos e tintos do Condado.

Tamén se atopa moi preto deste Parque a Fortaleza de Salvaterra e as súas impoñentes murallas desde as que se pode gozar de unhas fermosas vistas. Aquí atópase un edificio insigne como é o Castelo de Doña Urraca, unha edificación de 2 plantas con simétricas bóvedas comunicadas por unha escaleira de caracol de dobre rampa única en España.

A comarca do Condado, ten moito que amosar aos seus visitantes, como Mondariz e o seu coñecido Balneario termal, cunha tradición de máis dun século. O Castelo de Sobroso en Villasobroso no Concello de Mondariz, ou Ponteareas e as súas famosas alfombras Florais de Corpus Christi..., un destino no que non atoparán lugar para o aburrimento.

Para coñecelo mellor

Salvaterra de Miño é un concello no suroeste de Galicia, na provincia de Pontevedra, a moi pouca distancia de Portugal. Ocupa uns 61,79 quilómetros cadrados de superficie e conta con 9.800 habitantes distribuídos en 17 parroquias: Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacoba.

Este concello supón unha boa elección para visitar con toda a familia, pois podemos gozar da súa fortaleza, do río Miño, dun paseo fluvial vendo a illa de Fillaboa, da súa gastronomía e do considerado o maior parque público galego ata o momento.

O parque de A Canuda, situado a beiras do Miño, conta con 115.000 metros cadrados de instalacións deportivas e de lecer; entre eles, xogos, xardíns, fontes, un lago e unha horta. Ademais, dispón dunha zona onde poderemos ver animais como porcos, ovellas, coellos e galiñas. Toda unha experiencia para saber convivir coa natureza.

Galería

Parque de SalvaterraParque de SalvaterraParque de SalvaterraParque de Salvaterra

Localización

Localidade
Salvaterra
Concello
Salvaterra do Miño
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Parque Natural
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Rural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
Distancia 650 m / 8 minutos andando

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.07951400
Longitud
-8.50542900