O Parador de Tui atópase a cerca dun quilómetro de distancia do centro histórico de Tui. Situado fronte ao río Miño e moi preto da ponte internacional de 1886 que une Tui con Portugal. Trátase dun pazo moderno, pero construído imitando a arquitectura tradicional dos pazos galegos. Os materiais que o conforman son pedra de granito e madeira de castiñeiro. Foi construído en 1968 e remodelado posteriormente en 1992, dispón de 32 habitacións, ambientadas en cores cálidas e mobles antigos. As habitacións repártense en dous pisos e a habitación da Torre é a máis grande deste pazo. Desde os seus balcóns desfrútase dunha panorámica excepcional contemplando o val fluvial, as zonas montañosas e a fronteira que forma o río Miño entre a fronteira de España e Portugal. Despois da ponte internacional, ao outro lado do río, atópase a fortaleza de Valença. É unha construción defensiva construída entre os séculos XII-XIII que albergaba unha aldea medieval e defendía así o paso sobre o río Miño. Actualmente esta fortificación é lugar de diversos establecementos comerciais e restaurantes. O río Miño é posible navegalo nos seus últimos 30 quilómetros que serían desde a súa desembocadura ata Tui, onde se atopa o Porto Deportivo Fluvial de Tui, antigamente chamado Porto de San Xoán, formado por un pequeno pantalán. Está localizado moi preto das inmediacións do Parador e a súa navegabilidade caracterízase polo cambiante dos fondos e das correntes xa que as mareas fanse sentir a uns 40 quilómetros augas arriba habendo unha variación de caudal de uns dous metros entre a preamar e a baixamar. Na baixada ao embarcadoiro atópase a Comandancia e desde alí ata máis alá da praza da Estrela atópase o bonito paseo fluvial, cunha pequena praia próxima ao núcleo urbano coñecida como "praia da Marina". En Tui iníciase a primeira etapa do Camiño Portugués de Santiago de Compostela. Miles de peregrinos cruzan a ponte internacional que une ambas as beiras.
O parador de Tui pertence á Rede de Paradores Nacionais que cumpriu este 2010 noventa anos de historia. O concepto naceu en 1910, cando o Goberno de España presidido por José Canalejas decidiu encargar ao marqués da Vega Inclán o proxecto de crear unha estrutura hoteleira, inexistente entón no país, na que se dera aloxamento aos excursionistas e viaxeiros, ao tempo que se melloraba a imaxe internacional de España. En 1928 inaugurouse o primeiro Parador de Turismo na serra de Gredos cuxo emprazamento elixira o propio monarca Alfonso XIII. Constituíuse a Xunta de Paradores e Hosterías do Reino e fixáronse as miradas en todos aqueles edificios singulares, con longa historia, un patrimonio monumental e ubicados en paraxes xeográficos de gran interese natural. O propósito da prestixiosa rede é dar exemplo de seriedade, prestixio e recoñecemento, tanto a nivel nacional como internacional. Galicia conta con doce Paradores de Turismo ubicados en distintos paraxes da Comunidade como o Parador Hostal dos Reis Católicos na capital, xunto á praza do Obradoiro e o Parador de Ferrol en A Coruña. A provincia de Pontevedra é a que presenta maior número de paradores como o de Tui na cidade episcopal, o de Baiona dentro da Fortaleza de Monterreal, o Parador de Pontevedra situado na cidade histórica e capital de provincia e o de Cambados na cuna do albariño. En Ourense atópase o Parador de Monterrei fronte á maior acrópole galega, o de Santo Estevo no corazón da Ribeira Sacra e o de Verín. Lugo posúe tres Paradores, un en Vilalba, outro en Ribadeo facendo fronteira con Asturias e en Monforte de Lemos situado nun mosteiro beneditino do século XVII.
Tui conta co Club Náutico de San Telmo como porto deportivo fluvial desde o 1 de febreiro do ano 2005. Este atópase no maior río galego, o Miño, que é navegable ata Tui. Nestes equipamentos dáse servizo a embarcacións menores e, ademais, o club ofrece unha ampla oferta de actividades acuáticas para que persoas de todas as idades gocen do río. Por outra banda, o centro de Tui conta cun gran parador que reproduce o pazo tradicional galego. Neste hotel, podemos gozar de toda a natureza galega e tamén bríndanvos a oportunidade de practicar deportes fluviais como o piragüismo. Tui é unha cidade galega que se atopa situada na parte oriental da comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Este municipio destaca pola súa proximidade a Portugal e polo paso do Río Miño.