Skip to main content

Nautic Destination

Arcade. Porto e actividade pesqueira. Confrarías

Sobre este patrimonio

Arcade é unha parroquia costeira que pertence ao concello de Soutomaior. Localizada ao final da ría no lado esquerdo da desembocadura do río Verdugo ao fondo da ría de Vigo. Antigamente era máis coñecida pola súa actividade industrial destacando a antiga fábrica de Carburos, actualmente edificio singular de uso municipal, a vella nave de cerámica Pontesa que aínda conserva os restos de louza de Santa Clara. Estas empresas, xunto coa Conservas Sueiro, foron no seu momento o motor económico da zona. Actualmente a economía mira cara á sustentabilidade e volve ao sector primario e aos servizos. Así no ano 2019 a vila rexistrou un aumento de altas na Seguridade Social que supoñen un 4,61% e a maior parte foi na pesca e o marisqueo en Arcade. A confraría de pescadores de Arcade, situada no mesmo porto, pon de relevo que no último ano tiveron 40 altas, parece que a confraría medra modestamente. Son 122 persoas que realizan o marisqueo a pé, que, por tradición, adoitan ser unha modalidade de marisqueo onde maiormente son mulleres, de feito 17 son homes. Segundo datos da confraría, durante o 2018 os pescadores capturaron 196.000 quilos de ameixa xapónica desde as embarcacións e outros 240.000 quilos colleron a pé de praia cavando a area. A anguía é outra especie moi apreciada polos pescadores. Unhas 40 embarcacións dedícanse á súa captura que alcanzou os 20.000 quilos na última tempada. Agora os pescadores intentan volver a potenciar o cultivo da ostra, que actualmente é escasa pola súa alta mortandade. Arcade ten un paseo marítimo de uns 1700 metros á beira da desembocadura do río Verdugo. Está iluminado na súa totalidade e conta con pasarelas de madeira que pasan por debaixo das pontes do río Verdugo.

Para saber máis

A festa gastronómica por excelencia en Arcade é a da festa da ostra. A primeira vez que se organizou foi no ano 1987 e a idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade. Esta parroquia foi a precursora no consumo, comercialización e exportación deste produto mariño que non só exportaba a outras partes de España, senón tamén de Europa. A ostra Ostrea edulis tamén chamada plana ou europea, é un molusco bivalvo que ten unha cuncha formada por dúas valvas moi desiguais, na parte exterior a superficie é moi marcada e rugosa. O corpo brando está envolto polo manto, é o que se come, e é un suculento manxar. Está considerada como un dos mariscos comestibles máis apreciados, sendo o seu modo máis habitual de consumo frescas e en cru, aínda que admite outras preparacións. A idea naceu coa intención de aumentar o consumo de ostra e proxectar a imaxe de Arcade como punto referente na produción e comercialización da mesma. Por iso hoxe en día coñécese a ostra de Arcade como un referente. Ostricultores, hostaleiros e comerciantes colaboran co Concello para a celebración desta festa que se realiza o primeiro fin de semana de abril. Época onde a ostra se atopa nas mellores condicións biolóxicas para a súa degustación. O pregón cada ano inicia a festa pola mañá e acompañando o evento tamén se realizan actos musicais, culturais e teatrais.

Para coñecelo mellor

Arcade é unha das parroquias do concello pontevedrés de Soutomaior máis poboada que destaca por ser unha vila mariñeira onde as ostras alcanzaron moita fama. O seu porto pesqueiro atópase rodeado dun espigón que fai de protección contra as correntes. Este porto dispón de catro pantaláns flotantes, os cales se comparten entre as embarcacións de pesca artesanal e as pequenas motoras deportivas. Ademais, estas instalacións pesqueiras teñen moi pouco fondo e débese ter coidado. Por iso, resulta recomendable que o seu acceso se realice en preamar e/ou con persoal que coñeza a zona. Por outra banda, o porto conta cunha organización sen ánimo de lucro chamada "Confraría de pescadores de Arcade". Os seus socios e socias que se dedican á actividade pesqueira e ao marisqueo, ademais de encargarse de promocionar e organizar o sector na zona. Soutomaior é un municipio da provincia de Pontevedra. Atópase na desembocadura do río Verdugo e a illa de San Simón.

Galería

Arcade. Porto e actividade pesqueira. ConfraríasArcade. Porto e actividade pesqueira. ConfraríasArcade. Porto e actividade pesqueira. Confrarías

Localización

Localidade
Arcade
Concello
Soutomaior
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Porto
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No
Señalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.34077900
Longitud
-8.61424900