Skip to main content

Nautic Destination

Porto Romano e barcos. Mercado dos Mouros

Sobre este patrimonio

O xacemento do porto romano coñecido tamén como Mercado dos Mouros, é un recente achado que denota a actividade comercial da zona desde tempos remotos. As primeiras escavacións deste recente descubrimento foron dirixidas polo arqueólogo David Fernández. Onde daba conta da riqueza do encontro xa que os fragmentos de cerámica e tellas víanse case a simple vista. Finalmente, en intervencións posteriores, sacaron á luz máis de 5.000 pezas de valor histórico e que confirman o carácter comercial deste xacemento. O asentamento está localizado nas ribeiras do Ulla no lugar de Laxes e consta de uns 11.500 m2, ten forma ovalada e está sobre elevado do terreo circundante. O período de ocupación é máis amplo do que se pensaba nun principio, o Mercado dos Mouros tivo actividade desde antes do século IV a.C. e ata o IV d.C. A aparición dunha foxa de vivenda elaborada con materiais perecedoiros e de materiais do século IV a.C. é o que traslada o asentamento a un período incluso anterior, a Idade do Bronce Antiga. Entre as pezas aparecidas destacan elementos de bronce dun colar, cerámica decorada, ánforas, ferros e moitos materiais de importación como cerámicas púnicas que confirman que o xacemento estivo moi vinculado ao comercio na antigüidade. Ademais, o encontro dun muro recto con materiais asociados á época romana ratifica a extensión do asentamento ata ese momento histórico. Como está constatado, o traxecto final do Ulla utilizouse con embarcacións fluviais desde tempos inmemoriais. Conta a lenda que o Apóstolo Santiago entrou pola ría de Arousa e remontou o río Ulla ata chegar a Padrón, no porto fluvial da cidade romana de Iria Flavia. Virían nunha barca de pedra que posiblemente era unha antiga nave de cabotaxe destinada ao traslado de rochas minerais. As embarcacións máis contemporáneas teñen unha forma rectangular e utilizábanse para chegar ás pesqueiras ou lampreeiras e para a pesca. Aínda que tamén os seus usos se multiplicaban porque tamén eran utilizadas por madeireiros como barcas de carga, pero tamén para o paso de persoas e gando. En Carcacía (Padrón) estas barcas navegaban con catro remos e podían cargar ata tres toneladas. E en Sarandón (Vedra), queda na memoria o paso de tres pares de bois cos seus carros a bordo dunha destas barcas.

Para saber máis

O asentamento romano das ribeiras do Ulla ocupa unha extensión de uns 11500 m2, ten forma ovalada e está sobre elevado do terreo circundante. As primeiras escavacións foron levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella e consistiron nunha simple investigación superficial onde apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana datados entre os séculos II a.C. e V d.C. Nun dos sondaxes tamén se atopou un posible almacén e noutra un trazado en negativo dunha cabana. A cerámica de almacenamento é coherente coa atopada noutros asentamentos costeiros galegos, como Halltern 70, Campaniensis e Dressel I. Este conxunto arqueolóxico sería coetáneo de lugares arqueolóxicos existentes en Galicia como A Lanzada. Nas intervencións arqueolóxicas do ano 2016, os investigadores desenterraron máis de 5000 pezas de interese. Entre elas hai elementos de bronce como un colar, cerámica decorada, ánforas e ferros. Moitos deles son de importación púnica, o que confirmaría o carácter comercial do poboado. Con estas últimas investigacións o asentamento vería incrementada a súa antigüidade a tres séculos antes do pensado. O río Ulla está dentro da Rede Natura 2000, ten 1.633 ha que abarcan unha importante rede hidrográfica arredor do río Ulla. Está declarado como Zona de Especial Conservación (ZEC) Sistema fluvial Ulla-Deza e atravesa tanto os municipios de Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Rianxo dentro da provincia da Coruña como os de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces da provincia de Pontevedra.

Para coñecelo mellor

Á beira do río Ulla, nun recuncho de Valga, os arqueólogos e arqueólogas dunha investigación acaban de descubrir un antigo porto comercial da época do século II a. C. e o século V d. C. de época romana. Este xacemento, coñecido como Mercado dos Mouros ou Agra de Xaz, ocupa uns 11.500 metros cadrados e nas súas primeiras escavacións, atopáronse fragmentos de cerámica e tellas. Por iso, estará incluído no inventario coñecido como Bens de Interese Arqueolóxico. No pasado, este porto tería unha gran importancia, pois serían onde se trasladaban as mercadorías de cerámica. Así, ratificouse a través das distintas investigacións. Valga é un municipio que pertence á provincia de Pontevedra que conta con menos de sete mil habitantes. O seu territorio limita ao norte cos municipios de Dodro e Pontecesures e con Catoira e Caldas de Reis, ao sur.

Galería

Porto Romano e barcos. Mercado dos MourosPorto Romano e barcos. Mercado dos MourosPorto Romano e barcos. Mercado dos Mouros

Localización

Localidade
Valga
Concello
Valga
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Porto
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Rural
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.70564000
Longitud
-8.70598900