O pazo O Cuadrante", actual museo, onde naceu o escritor Ramón María del Valle Inclán trátase dunha edificación de tipoloxía pacega ou de casa grande urbana do século XIX. Consta de dúas plantas, a baixa onde situarían as cuadras dos animais e onde actualmente se localiza a exposición permanente que fai o percorrido da obra do autor. E a primeira planta que albergaría a casa, recreada ao estilo dun fogar típico do século XIX. No seu orixe foi parte das propiedades do priorato Benedictino de Vilanova de Arousa. Pasou a mans da familia Peña e chegou a ser propiedade dos avós maternos de Valle-Inclán. Posteriormente foi herdada por uns tios de Valle-Inclán e deixárona como legado aos seus fillos. A casa continuou en uso ata os anos 90 e quedou abandonada coa morte do seu último residente. Tras sufrir un incendio en 1994 foi adquirida polo concello de Vilanova de Arousa, co propósito de habilitala como a casa-museo actual. Fundamentalmente, as coleccións que alberga a Casa Museo Ramón del Valle-Inclán son de carácter bibliográfico e documental, aínda que posúe outros fondos de índole pluridisciplinar para ambientar a propia casa museo. Atópanse as primeiras edicións e exemplares de interese das súas obras, así como outros libros vinculados á súa vida. Tamén conta con fondos documentais, documentos manuscritos orixinais como censos de poboación ou administrativos que falan da relación de Valle-Inclán e da súa familia co municipio. A exposición complétase cunha colección de mobles e utensilios propios dunha casa galega de clase media culta de mediados do século XIX."
Durante o transcurso da súa vida Valle-Inclán estivo en Madrid, cruzou o charco en varias ocasións e tamén por Europa. En Galicia asentouse en varias localidades, algunhas incluso describíronse nas súas novelas. Existe unha ruta que percorre os lugares máis importantes que percorreu o escritor. A ruta comeza en Vilanova de Arousa onde naceu Ramón José Simón Valle Peña en 1866 no seo dunha familia acomodada, de orixe hidalga. Non quedou claro se naceu na chamada Casa do Cantillo" ou na actual casa-museo "Casa do Cuadrante". Tampouco o propio autor axudaba xa que cando lle preguntaban dicía que nacera nun barco no medio da ría, entre Vilanova e A Pobra do Caramiñal. En Vilanova atópase un gran conxunto escultórico en súa memoria situado ao lado do mar. O percorrido continúa en Vilagarcía de Arousa onde se atopa o Pazo de Rúa Nova, ligado á familia do autor. Valle fala del en obras como Sonata de outono. En Cambados o escritor viviu durante uns poucos anos na rúa Real. Resultou ser unha experiencia dura para Valle-Inclán xa que o seu segundo fillo que naceu alí en 1914 morreu uns poucos meses despois. O pequeno e a súa muller repousan no cemiterio da igrexa románica de Santa Mariña de Dozo, moi preto do centro urbano. A Pobra do Caramiñal que, xunto con Vilanova, son as localidades onde Valle pasou parte da súa vida. Na Pobra atópanse lugares dedicados ao autor como na Torre Bermúdez, convertido en museo, que se abre a unha praza onde está a súa figura caracterizada polas súas redondas lentes e a longa barba. A Farmacia Tato, testemuña de tertulias nas que Valle participou con paixón e a casa Villa Eugenia, na que se escribiu a fundamental "novela do ditador" Tirano Banderas. Saíndo da vila e dirixíndose a Boiro, xunto á antiga estrada, está o Pazo da Mercé onde Valle-Inclán viviu durante uns anos. O edificio agora está en ruínas. Valle estudou o bacharelato en Pontevedra e foi esta a cidade á que regresou a vivir en moitas ocasións, unha estatua recordao na praza Méndez Núñez. A capital de Galicia, Santiago de Compostela, foi onde o dramaturgo comezara os seus estudos de Dereito a finais do XIX sen moito entusiasmo, carreira que deixou cando o seu pai faleceu. Tamén foi a última cidade que o viu con vida, enfermo e na ruína volveu á cidade en 1935 para ingresar nunha clínica para morrer ao ano seguinte. Está enterrado no cemiterio de Boisaca, e a súa figura recordase con dúas estatuas próximas á zona vella, unha delas repousa sobre un dos bancos do paseo da Ferradura, mirando á Catedral e outra é un busto na Praza de Galicia, fronte ao café Derby que frecuentou nos seus últimos meses de vida onde continuaba coas tertulias."
O concello de Vilanova de Arousa, situado na provincia de Pontevedra, na Comarca do Salnés, é un lugar con antigüidade e por iso, con historia. Nesta vila atópase a casa ou, mellor dito, o pazo galego do século XIX onde naceu o escritor Ramón María del Valle Inclán Peña (1866 - 1936), un dos escritores máis importantes para a literatura mundial. A construción conta con dous pisos: no primeiro atopamos unha exposición permanente sobre a vida, obra do autor e documentos orixinais. Por outra banda, atopamos a casa de estilo típico do século XIX acompañada dun fermoso xardín. O pazo, foi adquirido polo concello de Vilanova de Arousa e actualmente, está habilitado como Casa Museo. A propiedade declarouse Monumento Histórico Nacional pois viu nacer e medrar ao escritor do ano 1866.