Skip to main content

Nautic Destination

Illote de Cortegada. Aldea. Capela e contorna. Cruceiro de Punta Corveiro. Vista Esteiro do Ulla

Sobre este patrimonio

En Galicia hai unha illa onde un bosque cheira a loureiro e marisco, os seus bancos de area achegan as ameixas, os berberechos ou as navallas; e o terreo, o loureiro necesario para aromatizar tan saborosos produtos do mar. Trátase da illa de Cortegada, chamada Corticata polos romanos, primeiros asentamentos en colonizar o illote, dos que se obtén documentación e vestixios históricos. No seu haber, árbores centenarias agochan prados e terras que foron cultivadas noutro tempo, unha ermida; e un cruceiro que contempla a desembocadura do Río Ulla. O seu espeso bosque de loureiro, é o máis grande de toda Europa.O valor natural deste terreo situado no interior da Ría de Arousa, vén condicionado por unhas condicións climatolóxicas específicas, máis propias de ubicacións meridionais que do Atlántico. Favorecen a humidade e o desenvolvemento dun sotobosque con especies únicas de fungos, paraíso dos micólogos. Con dúas fontes de auga propias que emanan das súas terras, a costa do seu perímetro, é bañada polo estuario do Ulla.En Cortegada podemos contemplar a capela e o cruceiro. Se nos desviamos á esquerda, elevámonos nun pequeno outeiro, un lugar que recibe o nome de A Torre; polo que non resultaría estraño que alí existise unha pequena fortaleza. O seu cruceiro erguese fronte ao antigo mosteiro de Cortegada, xunto ao litoral da illa. Trátase dunha das de maior envergadura conformando un arquipélago que, conta con outras illas como as Malveiras ou as Briñas. Cando baixa a marea emerxe das augas o antigo Camiño do Carro", un sendeiro que permite acceder a pé á illa, utilizado noutros tempos para transportar cargas.Hasta o século XX estivo habitada por colonos que labraban as súas terras e pagaban rendas ao Pazo da Golpelleira. Aínda quedan restos das súas casas entre a frondosidade da vexetación, unha casa señorial do século XIX, cuadras, pozos e un hospital construído no século XVII, reutilizado como lazareto."

Para saber máis

O valor natural non foi o predominante no desenvolvemento da illa de Cortegada, cabe sinalar o importante valor cultural e histórico que, marcaron a súa impronta e no que se converteu a día de hoxe. Os seus primeiros habitantes documentados foron os romanos quen chamaron á illa Corticata, da que recibe a designación coa que conta actualmente. Mencionada no século I por Plinio desta maneira, a historia pasou por ela deixando multitude de pegadas. Os romanos deixaron nas súas inmediacións vasillas que permitiron datar a súa estancia tal e como se recolle en diversos documentos, un mosteiro na Idade Media ocupou un terreo onde agora só queda unha igrexa e un cruceiro. Na Alta Idade Media instalaron os normandos, e tamén os musulmáns, co fin último de atacar Compostela. A illa converteuse en punto estratéxico de descanso e avituallamento para asegurar as súas naves e non facer peligrar a volta a casa coa carga de tesouros composteláns. A elección deste campamento non foi aleatoria; a escasos quilómetros atopábase o Castellum Honesti de Catoira que, coas súas Torres do Oeste, era o forte máis importante de todo o sistema defensivo arousán; defensa da capital galega.Máis tarde, xa no século XIV, instálase unha ermida, a da Virxe dos Milagres", encomendada a librar aos habitantes da zona, da peste negra que asolaba Galicia. É por iso, polo que atopamos moi próximo aos portos de Carril e Vilagarcía un hospital-lazareto que data de finais do século XVI. A ermida de "Nosa Señora de Cortegada", atópase hoxe en estado ruinoso, mantendo aínda o blasón do arcebispo de Santiago, Fernando de Andrade e Soutomaior

Para coñecelo mellor

e coroadando a porta principal.Xunto á ocupación relixiosa, e grazas á auga doce que nacía na illa, foise establecendo unha aldea da que aínda se manteñen en pé as paredes de moitas vivendas, así como lagares, muelas de muíño ou os pés dalgún hórreo. Os habitantes da illa de Cortegada tiñan entre as súas actividades económicas a pesca, o marisqueo, a agricultura e gandería. Por iso, a paisaxe da illa por aquel entón, e ata o momento do abandono, distaba moito do que hoxe en día podemos contemplar.O escaso arborado e os cultivos minifundistas, predominaron na illa ata comezos do século XX, momento no que se produce o abandono da illa, co cambio da propiedade. A finais do século XIX comeza a lanzarse a idea, non desinteresada, de construír un Palacio Real na costa galega, competindo con outras cidades da península. A intención era conseguir converter Vilagarcía nunha gran cidade-balneario, polo que se considera seriamente o feito de doar a illa de Cortegada á monarquía, para a súa residencia estival. A doazón que se realizou en 1907 en nome de Alfonso XIII, provocou que os seus veciños tivesen que abandonala para finalmente caer o plan urbanístico da coroa, xa que o rei construíra o Palacio da Magdalena en Santander. O pobo quedou sen as súas terras e o monarca fixo con un illote que apenas utilizou como coto de caza nalgunha ocasión.A illa volveu ser de dominio público durante a II República, regresando de novo á familia real, durante o franquismo. Juan de Borbón vendería posteriormente a unha inmobiliaria con intención de construír unha ponte, hoteis, chalés e ata un auditorio

Galería

Illote de Cortegada. Aldea. Capela e contorna. Cruceiro de Punta Corveiro. Vista Esteiro do UllaIllote de Cortegada. Aldea. Capela e contorna. Cruceiro de Punta Corveiro. Vista Esteiro do Ulla

Localización

Localidade
Natural
Concello
Vilagarcía de Arousa
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Illa
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
planes truncados pola lei de costas e a presión social exercida polos seus veciños. No ano 1989 nace a Comisión Cidadá Pro-Cortegada, co fin de reivindicar o seu uso público e a memoria dos seus veciños, estafados. En 2007 é adquirida pola Xunta de Galicia, e volve ser de dominio público. Cunha superficie de 191 hectáreas (43,8 terrestres e 147,2 mariñas) conta con varias praias, unha delas algo pequena cando sobe a marea. Metros máis adiante pérdense de vista as dúas illas Malveira: Grande e Pequena, que albergan o primeiro cruceiro do Vía crucis fluvial Xacobeo que se estende ata Padrón. Por certo, único no mundo. Aos 900 m da saída, o visitante atópase no medio do bosque de loureiros máis alto de Europa. O seguinte punto de interese é o segundo cruceiro. Con Carril á fronte chega así ao maior areal da illa, para adentrarnos nunha zona boscosa na que se recomenda non abandonar nunca o sendeiro. Ante os ollos, a aldea abandonada, fantasmagórica, irreal. E, deixándoa atrás, o que queda en pé dos hórreos e almacéns. Como referencia, un embarcadoiro do que partían cara a costa, atravesando o estuario do Río Ulla e divisando dunha banda Carril e da outra Vilagarcía.
Relevancia
Pontevedra

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Visitábel
En barco privado:Pódese visitar todo o ano pero é preciso ter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedido polo Parque. Accesos a pé: Si
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.61796700
Longitud
-8.78527100