Skip to main content

Nautic Destination

Pedra da Rá

Sobre este patrimonio

Por debaixo do castro da Cidá, a escasos metros cara o oeste, e a través dunha sendeira non apta para todos os públicos, ergueuse a rocha coñecida como Pedra de A Rá (a Ra). Desde este miradoiro pódense gozar as vistas do parque dunar, as lagoas de Carregal e Vixán e mesmo -lonxe- do Faro de Corrubedo. Polo sur, a vista chega ata poder observar as illas Cíes, Ons e Sálvora e, polo norte, monte Facho e monte Tahúme. A Pedra da Rá é unha gran rocha lixeiramente apoiada sobre outras máis pequenas e que se eleva verticalmente uns 15 metros. Ten forma de ra e atópase acondicionada con escaleiras, ademais dunha plataforma onde se localiza o miradoiro. Este lugar forma parte dunha ruta accesible para persoas con mobilidade reducida, ofrecéndolles a posibilidade de gozar a experiencia sensitiva de estar alí

Para saber máis

A rocha coñecida como Pedra da Rá" (pedra da ra, xa que desde a costa oeste se pode advertir unha forma semellante á dunha ra coa boca aberta), atópase no Monte do Castro. Este lugar pertence á parroquia ribeirense de Carreira. Lixeiramente apoiada sobre outras máis pequenas e elevada verticalmente uns 15 metros, está composta por unha rocha central de granito e varios bloques que forman a bancada. Sobre a gran rocha pouco se sabe. Algúns apuntan a que probablemente se trate dun antigo monumento natural de carácter sagrado e, a bo seguro, de sinalización. O enclave ten uso como miradoiro desde os anos 80, cando se construíu unha escaleira de formigón para subir sobre a rocha e desde alí poder observar o horizonte do Atlántico. Co tempo, este acceso orixinal foise deteriorando e impedindo a súa utilización. Para recuperar o estado natural deste espazo, no ano 2016, procedéuse á demolición da escaleira de formigón, agresiva co entorno e coa propia rocha, o lugar someteuse a unha profunda remodelación. Foi deseñada polo arquitecto Carlos Seoane e o proxecto levoulle a obter varios galardóns internacionais: o terceiro premio na categoría Urban Projects, Rural Projects, Landscape & Pubic Spaces-Europe, que outorga a revista especializada 2A Magazine

Para coñecelo mellor

o Premio COAG de Arquitectura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Localización

Localidade
Natural
Concello
Ribeira
Provincia
A Coruña
País
España

O ben

Tipo
Miradoiro
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
o Premio FAD de Arquitectura para España e Portugal, e o Premio Enor. Ademais, foi finalista dos Premios Arch-Daily Building of the Year e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico do Colexio de Arquitectos de Cataluña, así como da súa selección para ser exposta na Bienal de Venecia e na Bienal Internacional de Arquitectura de Arxentina. Seoane capitaneou un equipo de arquitectos, todos eles actuaron nun ámbito de 3.300 metros cadrados. Dado o carácter da pedra escollida para realizar este proxecto -granito tipo silvestre- e da vexetación -plantas rastreras tapizantes-, o espazo resultante resulta un lugar de nulo ou moi escaso mantemento. Na actualidade estáse a realizar unha ampliación cun miradoiro secundario, ao que comúnmente se chama miradoiro do Piñeiro."
Relevancia
A Coruña

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
4,1 km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.55989600
Longitud
-9.01574500