Skip to main content

Nautic Destination

Goián. Fortaleza de Goián

Sobre este patrimonio

Goián é unha parroquia do concello de Tomiño que pertence á comarca do Baixo Miño. A fortaleza de Goián ou de San Lourenzo atópase ás beiras do río Miño, data do século XVII e é unha fortificación en forma de estrela construída en granito. A orixe deste recinto fortificado foi a raíz dos continuos enfrontamentos históricos entre españois e portugueses.

En 1663 Goián foi invadido polos portugueses e ocuparon un antigo recinto chamado Fortín da Barca" que tras o Tratado de Paz de Lisboa en 1668 foi abandonado. Tres anos máis tarde, no mesmo enclave construíuse a actual fortaleza, por orde de Mariana de Austria. Como misión era controlar un embarcadoiro do país veciño e ter vixiada a Praza de Vilanova de Cerveira de cara a un posible conflito, unha vez rematada a Guerra de Restauración. Esta poboación lusa quedaba xusto enfronte.

A fortaleza estivo tapada pola maleza durante moitos anos, o desuso axudou á súa conservación sendo un dos enclaves mellor conservados da fronteira con Portugal. Grazas á colaboración de veciños e veciñas da parroquia e á Asociación Eliseo de Goián puxéronse en valor este, agora catalogado, Ben de Interese Cultural (BIC) e recuperaron o uso público deste entorno.

Deseñado polo arquitecto Pablo Gallego Picard abriuse, en 2012, o "Espazo Fortaleza" ao público que foi distinguido con importantes premios de arquitectura, urbanismo e paisaxe. Esta fortaleza converteuse nun dos lugares máis concorridos do municipio xa que é un lugar propicio para pasear, gozar da súa praia fluvial no verán e contemplar as vistas das dúas beiras do río Miño. Tamén conta cun parque infantil, un bar e un punto de información onde é posible concertar visitas guiadas."

Para saber máis

A fortaleza de San Lourenzo está incluída no sistema fronteirizo de Goián-Vilanova de Cerveira en Portugal. Atópase ás beiras do río Miño, data do século XVII e é unha fortificación en forma de estrela construída en granito. A súa planta é rectangular con catro baluartes nas esquinas os cales posuían tres garitas cada un.

Muralla adentro xa non queda nada das antigas dependencias, pero no seu día contaba cunha capela, a casa do capelán, a casa dos oficiais, almacéns e cuadras, ademais dunha cantina e unha panadería.

Seguindo o perímetro do fortín consérvase un gran fosso de entre 10 e 20 metros de ancho cuxa misión era dispersar as tropas ante un posible ataque. O fosso crúzase por unha fermosa ponte de seis arcos que dá acceso á porta principal. Aos lados desta porta dispoñense os escudos que corresponden aos apelidos Girón e ao de Castillo. Entre ambos escudos reza unha inscrición: FABRICOSE ESTE FUERTE REINANDO CARLOS SEGUNDO REI DE LAS ESPAÑAS Y LA REINA GOBERNADORA SU MADRE DOÑA MARIANA E AUSTRIA SIENDO GOBERNADOR Y CAPITAN GENERAL DESTE REINO EL EXMº SEÑOR ARZOBISPO DE SANTIAGO DON ANDRES GIRON ASISTIENDO A ESTA FABRICA EL ILMº SEÑOR JUAN DE CASTILLO Mº DE Cº GENERAL DEL CONCEJO DE Gº DE SU MGD AÑO 1673.

Este sistema fronteirizo consta do lado galego das fortalezas de Nosa Señora da Concepción, os fortes de As Chagas, Forte de San Lorenzo e as torres dos Correa en Goián e o Forte de Santiago Carrillo de Medos en Éstas. Na parte portuguesa, o forman a Praza-forte e recinto medieval de Vilanova de Cerveira, a Atalaia do Espírito Santo e o Forte de Lovelhe."

Para coñecelo mellor

Tomiño é un municipio galego dentro da provincia de Pontevedra. Atópase situado na beira do Miño, xusto fronte a Portugal.

Goián é unha das parroquias de Tomiño e o segundo núcleo urbano do municipio. No centro desta localidade, atopamos a praza Pintor Antonio Fernández, onde podemos ver a igrexa parroquial do século XVIII, a casa reitoral ou a casa do párroco e a arteria principal.

En Goián atópase o Sistema fronteirizo de Goián-Vilanova de Cerveira, onde destaca a muralla militar e o seu castelo. Esta construción tiña por finalidade protexer a vila contra conflitos con Portugal unha vez rematada a Guerra de Restauración no ano 1668.

Trátase dun sistema que enfronta ás poboacións dos dous países. Ademais, grazas á súa ubicación, poderíase controlar a fronteira fluvial.

Galería

Goián. Fortaleza de GoiánGoián. Fortaleza de GoiánGoián. Fortaleza de Goián

Localización

Localidade
Goián
Concello
Tomiño
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Fortaleza
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Rural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0.000km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
41.94097700
Longitud
-8.75410300