Frente ao Porto de Carril, xorde un illote ben chamado polos romanos Corticata", que coñecemos a día de hoxe como Cortegada. Pertencente a un arquipélago integrado como o menor dos catro que conforman o Parque Nacional Illas Atlánticas, é o único que se atopa nun mar interior, o da Ría de Arousa. Identificativo pola súa tupida forestación, que ocupa 2,5 das 43,8 hectáreas de terra que xorden da ría, a súa flora data de hai uns 65 millóns de anos, a Era Terciaria ou Cenozoica, onde na Galicia litoral abundaban os loureiros. A súa flora, que se dá máis frecuentemente en rexións meridionais de clima temperado, húmido e cálido, é un tipo de bosque nuboso subtropical ou selva alta, con grandes árbores, beixos e liáns cuxas follas se parecen ás do loureiro, do cal toma o nome de "laurisilva". É aquí, en Cortegada, onde atopamos o maior exemplo de bosque de lauráceas de toda Europa. Os maiores exemplares superan os dez metros de altura. As súas ramas entrelázanse ata crear unha especie de cúpula vexetal atravesada pola luz de forma tamizada e espectacular. Esta cobertura protexe un rico sotobosque no que abundan a herba e ata 800 especies de fungos, algunhas delas únicas en Galicia. É un hábitat perfecto para o maior réptil europeo, o lagarto arnal, aves como a garza real, o buo e a curuxa, ou os pequenos mamíferos. Os loureiros medran tamén entre os restos da vella aldea. Porque este é o verdadeiro fósil de Cortegada, un espazo humanizado no que o tempo se detivo 102 anos atrás. Para que xurdise este bosque, foron necesarios moitos anos de abandono, case un século. O valor natural non foi o predominante na historia de Cortegada, polo que cabe sinalar tamén o seu importante valor cultural e histórico, ás veces desatendido. Cando en 1910 forzaron a doazón da illa á Casa Real e desaloxaron ás dezaseis familias, xa libre da presión humana, a vexetación propia das hortas ata entón traballadas foi apoderándose de Cortegada xunto ás escasas masas arbóreas que salpicaban o seu contorno. Foi así como, ao longo da última centuria, gañou Cortegada a súa magnífica laurisilva. Porque o loureiro era un daqueles cultivos que facilitaban a vida a quen durante séculos atoparon nela o seu fogar."
Cortegada forma parte do arquipélago máis pequeno do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Bañada polo estuario do Río Ulla, é a única illa interior, das que compoñen o Parque Nacional galego. Moi próxima a Carril, destaca por unha frondosa masa forestal húmida, alimentada por un clima temperado, máis propio das rexións meridionais que do Atlántico. Para que este bosque xurdise foron necesarios moitos anos de abandono, case un século; ao que se suma a herdanza xenética dunha flora que xorde miles de anos atrás: a Era Terciaria ou Cenozoica. Debido á súa ubicación preto da desembocadura do río Ulla, está protexida do vento dentro do estuario da Ría de Arousa. Esta ubicación e a súa topografía brindan condicións ambientais máis favorables que as das outras illas que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, para o desenvolvemento dos bosques hidrófilos. A illa está conectada ao continente por unha lingua de area de 189 metros de ancho, cuberta durante a marea alta e exposta na baixamar. Sobre o banco de area construíuse un camiño "Camiño do carro", desenvolvéndose o ambiente ideal para a cría a nivel comercial das famosas ameixas de Carril. As mareas cambian rapidamente na zona polo que pode ser perigoso para os peóns circular pola calzada. Cortegada conta cun clima oceánico, con veráns cálidos e invernos temperados, máis propios dunha zona meridional. As masas de aire cálidas e húmidas que sopran desde o océano son forzadas cara arriba polo terreo, o que arrefría a masa de aire ao punto de rocio, facendo que a humidade no aire se condense en forma de choiva ou néboa, creando un hábitat caracterizado por condicións frías e húmidas no aire e no chan. Conta con dúas principais fontes de auga doce: unha lagoa estacional e auga doce subterránea. Esta última fonte de auga é moi peculiar xa que a illa está rodeada por auga salgada. A illa é case plana.
a súa elevación máis alta é de uns 6 metros. Ten unha superficie de 54 hectáreas de terreo de forma rectangular, cunha gran cantidade de auga en todo o terreo que, se aprecia fluíndo en pequenos regatos ou en estanques e charcos. As pingas de auga, tapan e cobren plantas, rochas, chan, troncos, musgo e sendeiros, facendo á illa intransitable durante as choivas fortes. Con todo, a beleza do conxunto converte a Cortegada nunha atracción turística case máxica. En definitiva, foi a propia nai natureza a que se apoderou dese insólito territorio. Os loureiros plantados polos aldeáns medraron de forma inusitada chegando a superar os 20 metros de altura e os 2 metros de perímetro, convertendo a illa nun dos bosques de laurisilva máis grandes de Europa. Por non falar do vello salgueiro ou do carballo "comepedras" que, plantado xunto a un muro, integrou unha das súas rochas no seu tronco. O contorno da illa garda máis de 800 especies diferentes de fungos no seu sotobosque. Algúns deles autóctonos e outros en perigo de extinción, convertendo o terreo nun auténtico paraíso para a micoloxía."