A praia de Rodas atópase no arquipélago de Cíes e une de forma natural a illa norte ou de Monteagudo coa illa do medio ou do Faro. Foi denominada polo xornal británico The Guardian como a mellor praia do mundo, destacando a súa característica area fina e branca e as súas augas cristalinas. Ten aproximadamente un quilómetro e medio de longo e aproximadamente 60 metros de ancho. Foi catalogada con bandeira azul en 2016. Atópase rodeada polo complexo dunar de Muxieiro na zona máis próxima ao peirao e por cordóns dunares ata Punta das Vellas. Esta praia formouse debido a que a acción protectora que exercen as illas sobre a súa cara este contra o oleaxe e as fortes correntes fixo que se creara unha zona de sedimentación que co paso dos anos se converteu na praia de Rodas e o complexo dunar que a rodea. Debido ao peirao que se atopa na punta de Muxieiro modifícanse as correntes mariñas de forma que o depósito de areas é moito menor na parte norte de Rodas e moito maior na parte sur en Punta das Vellas. Unha das características máis impresionantes da praia de Rodas é a cor das súas augas. Sollen ser tons azul-verdosos desde o máis claro ao máis escuro dependendo do fondo, do vento e da cor do ceo en cada momento.
A praia de Rodas denominada polo xornal británico The Guardian como a mellor praia do mundo, atópase no arquipélago de Cíes e une de forma natural a illa norte ou de Monteagudo coa illa do medio ou do Faro. As características máis destacadas desta praia son as súas areas finas e brancas e as súas augas cristalinas en tons azul verdosos. A cor das súas augas débese a que cando a luz solar chega ao mar unha parte é reflectida pola superficie e a outra entra na columna de auga sendo absorbida de forma máis gradual. A luz vermella anaranxada é a que se absorbe máis rapidamente mentres que a azul é a menos absorbida e a que penetra a maior profundidade en augas nítidas polo que fará que se vexan de cor azul. As súas finas areas brancas atópanse por toda a praia e flanqueándoa formando cordóns dunares e o complexo dunar de Muxieiro. Nestes zonas de area atópanse diferentes tipos de vexetación que teñen que soportar dificultades como a elevada salinidade do medio, fortes ventos, salpicaduras das ondas, chans moi porosos con moi pouca capacidade de retención de auga e nutrientes e mobilidade do sustrato arenoso entre outras. Na zona da praia destacan a oruga de mar (Cakile marítima) acompañada por honquenia (Honkenya peploides) e corregüelamarina (Polygonum maritimum). Na zona dunar as máis características son a grama mariña (Elytrigia juncea subsp. boreali-atlanticus) e o cardo mariño (Eryngium maritimun). E nas zonas máis altas da duna o barrón (Ammophila arenaria).
A Illa Monteagudo e a Illa do Faro comparten a praia de Rodas, con forma de media lúa. Este areal foi declarado como a mellor praia do mundo polo xornal británico The Guardian. Ademais, no ano 2015, Rodas foi elixida entre as 25 mellores praias de Europa no portal de viaxes Minube entre 3.000 candidatas. Este areal conta con area branca fina e augas cristalinas, aínda que para bañarse nelas, cómpre ser valente, pois a súa temperatura adoita ser moi baixa. Para acceder á praia, resulta necesario chegar en barco privado, con permiso de fondeo ou no barco dunha navieira. A travesía desde Vigo adoita durar arredor de media hora. As Illas Cíes localízanse na provincia de Pontevedra. Contan con nove praias de fina area branca e augas cristalinas.