A Lanzada, unha das praias galegas máis emblemáticas, ademais de ser unha das de maior extensión con 2,5 km, posuír un gran complexo dunar e estar situada nun espazo natural dentro da Rede Natura 2000, formando parte do Complexo intermareal Umia-O Grove. Unha das lendas máis antigas da cultura popular fala sobre o Baño das Nove Ondas que outorga ás augas da Lanzada propiedades para aumentar a fertilidade. A crenza popular di que a muller desexosa de quedar embarazada e vencer a esterilidade, terá que ir á praia de Nosa Señora da Lanzada o último sábado do mes de agosto, someterse a un baño á medianoite, durante o cal deben embestila nove ondas, para lograr ser curada da súa esterilidade. Nesta praia atópanse, nun promontorio, os restos da Torre da Lanzada. É de época sueva do ano 952 e son os únicos restos dunha fortaleza levantada polo Bispo Sisnando no século X. Esta torre formaba parte dun sistema defensivo cuxa función era alertar da chegada das naves viquingas á ría de Arousa por medio de fogueiras. A escasos metros atópase a ermida de Nosa Señora da Lanzada. Trátase dunha capela de estilo románico de finais do século XII e inicios do século XIII. Posúe unha soa nave e un ábside semicircular. Tamén presenta un rosetón na fachada occidental.
Este paradigmático enclave estivo habitado desde tempos remotos como o atestiguan os restos atopados tanto dun antigo poboado castrexo como a necrópole que se atopa nas inmediacións, a Torre da Lanzada de época sueva e a posterior capela. A ermida de Nosa Señora da Lanzada é de estilo románico, de comezos do século XIII. Composta dunha soa nave e ábside semicircular, a distintas alturas. No seu exterior presenta un rosetón trifolio enriba da porta principal adintelada con tímpano que dá ao oeste. Ao sur atópase o acceso lateral por unha porta semicircular e a saetera. Ao norte e ao leste destacan as súas saeteras. Do ábside semicircular sobresaen catro columnas a modo de contrafortes exteriores e as fiestras, máis recentes, abertas no muro. A cuberta de tella romana, ten tres cruces de pedra de distintos estilos e formas. No interior móstrase a figura de santa María, avogada da fertilidade. É aquí onde o último fin de semana de agosto se celebra a romaría da Virxe da Lanzada. A crenza popular di que a muller desexosa de quedar embarazada e vencer a esterilidade, terá que ir á praia de Nosa Señora da Lanzada o último sábado do mes de agosto, someterse a un baño á medianoite, durante o cal deben embestila nove ondas, para lograr ser curada da súa esterilidade. Así que na noite do sábado acoden centos de mulleres que desexan acabar coa súa infertilidade. Ao amencer deben acudir pola ermida e deberán varrer o chan para desfacer todo tipo de meigallos e males de ollo e seguidamente realizar a ofrenda á Virxe.
A praia da Lanzada, situada en Sanxenxo, está considerada como unha das mellores praias de Galicia e pertence aos concellos pontevedreses de Sanxenxo e O Grove. Conta con máis de 2 quilómetros de area fina e branca, augas cristalinas e con oferta en diferentes deportes acuáticos. Ademais, nesta zona fórmase un complexo dunar e intermareal coñecido como o Espazo Intermareal Umia-O Grove. Non debemos abandonar a zona sen visitar a Capela da Lanzada, ou tamén coñecida como a Ermida de Nosa Señora da Lanzada. Esta ermida románica, datada de finais do século XII e principios do XIII, posúe unha única nave con ábside semicircular onde se atopa a imaxe da Virxe da Lanzada. Esta santa atópase estreitamente ligada a rituais relacionados coa fecundidade. Di a lenda que, para acabar coa infertilidade, durante a noite do último fin de semana de agosto, as mulleres deben bañarse nas nove ondas da medianoite. Despois, ao amencer deberán ir á ermida e varrer o chan para desfacer todo tipo de mal de ollo e, así, realizar a ofrenda á Virxe. Xunto á ermida localízase a Torre da Lanzada, que formaba parte dun castelo de orixe medieval, aínda que algúns autores pensan que a súa orixe puido ser fenicia ou romana. Ademais, na mesma zona, atópanse os restos dunha gran construción, o Castro da Lanzada, un poboado do século VIII a.C.