Skip to main content

Nautic Destination

Marín. Parque dos sentidos

Sobre este patrimonio

A Granxa de Briz (a granxa de Briz) é un pequeno remanso de paz situado no pleno casco urbano de Marín, unha poboación da provincia de Pontevedra con algo máis de 25.000 habitantes. Coñecido como o Parque dos Sentidos, é un parque que ofrece aos máis pequenos un lugar de lecer con infinidade de xogos infantís arredor dunha lagoa.

O parque foi adquirido polo Concello de Marín no ano 1999, momento no cal foi posto a disposición dos veciños.

A finca conta con 3 edificacións e está rodeada dunha muralla que foi construída ao mesmo tempo que a primeira edificación, a Casa Bodega. Ten unha superficie de aproximadamente dúas hectáreas e media. No seu interior podemos atopar ademais dunha pequena lagoa, infinidade de árbores froiteiras e especies autóctonas.

Para chegar ao Parque dos Sentidos, se nos atopamos na cidade, non é necesario desprazarse en automóvil, xa que se atopa moi preto do porto, a aproximadamente 500 metros.

Marín é un destino turístico completo. As súas costas, bañadas pola Ría de Pontevedra, ofrecen aos seus visitantes ademais de praias de area fina, todo o sabor do peixe e do marisco procedente da ría. Como as demais poboacións que integran a Península do Morrazo, Bueu, Cangas e Moaña, Marín goza dunha riqueza natural que ofrece aos seus visitantes un marco inmejorable para gozar dunhas vacacións inesquecibles.

Para saber máis

Fagendo un pouco de historia, este lugar pertenceu aos Monxes de Oseira e por aquel entón era coñecido como a Granxa da Costa. A propiedade foi adquirida no século XIX por Roberto Munaiz co que pasou a mans privadas. Co cambio de propiedade, construíuse unha vivenda á que chamaron Villa Paula, máis tarde, unha das súas descendentes casada con Marcelino Briz fixo da finca a súa residencia familiar para o que construíron unha casa como residencia de verán da familia. Moi pronto o lugar converteuse nun punto de encontro de celebridades, militares, políticos, etc.

O parque atópase dentro da cidade, polo que a súa visita é obrigada, sobre todo se nos acompañan nenos. Como xa dixemos, Marín é un destino turístico moi completo. Ten praias sobradamente coñecidas pola súa calidade como a praia de Portocelo, Mogor, Aguete, O Santo ou Loira entre outras.

En canto ao turismo verde, ofrece aos seus visitantes enclaves como o Lago de Castiñeiras, o espazo natural e arqueolóxico de Sete Camiños, 3 circuítos de BTT, rutas de sendeirismo e o Ecoparque Multiaventura de Cadro, 60 xogos distribuídos nas súas 6 rutas.

Marín tamén ten un gran patrimonio arqueolóxico, petroglifos, dólmenes e castros como o Castro de A Subidá ou o petroglifo de Mogor.

Marín conta tamén con Museo, Porto e a Escola Naval entre outros moitos atractivos. Unha gran oferta gastronómica completa un percorrido por este destino turístico das Rías Baixas.

Para coñecelo mellor

O concello de Marín, localizado na provincia de Pontevedra, adquiriu en 1999 a coñecida como Granxa de Briz, no pleno casco urbano. Nun primeiro momento, pertenceu aos monxes de Oseira e chamábase a "Granxa da Costa". No século XIX, tras a desamortización, adquiriuna Roberto Munaiz e construíuse unha vivenda chamada "Villa Paula". Foi no ano 1942 cando unha das súas descendentes, a familia Briz Saraiba, decidiu construír unha casa de verán e deu lugar á Granxa de Briz. Durante a época, a finca reuniu a diferentes celebridades como políticos, empresarios ou militares. Por iso, ten moita historia.

A día de hoxe, a finca é propiedade do concello e é coñecida como o Parque dos Sentidos, onde todos e todas podemos gozar de diferentes actividades arredor dunha lagoa. Conta con figuras talladas en árbores, pequenas fervenzas, xogos para exercitar os sentidos e, incluso, cun auditorio ao aire libre.

Galería

Marín. Parque dos sentidosMarín. Parque dos sentidos

Localización

Localidade
Marín
Concello
Marín
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Parque
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Urbano
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
3,000 km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro

Coordenadas

Latitud
42.38978900
Longitud
-8.70574600