O río Lérez é un lugar de Importancia Comunitaria, isto quere dicir que é un espazo protexido, en España, a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade defíneos como aqueles espazos do conxunto do territorio nacional ou das augas marítimas baixo soberanía ou xurisdición nacional, incluídas a zona económica exclusiva e a plataforma continental que contribúen de forma apreciable ao mantemento ou, no seu caso, ao restablecemento do estado de conservación favorable dos tipos de hábitat naturais e os hábitats das especies de interese comunitario na súa área de distribución natural". Ten o seu nacemento na Serra do Candán, entra por Cotobade e Campo Lameiro nas terras de Pontevedra e atravesa a provincia ata a desembocadura da ría. Atravesa a provincia a través de 57 quilómetros de lonxitude, discorrendo por un val que se caracteriza pola variedade de rochas que deixa ao seu paso. Este río ten un sendeiro de 6 quilómetros, o sendeiro comeza na praia fluvial e percorre a marxe do río ata a parroquia de Bora, pasa por antigos sendeiros forestais, frondosos bosques de ribeira e restos de antigos muíños. É de baixa dificultade, ideal para realizalo camiñando ou en bicicleta con toda a familia. O sendeiro do río Lérez é unha zona LIC, zona de importancia comunitaria polo seu potencial achegamento á restauración do hábitat natural, incluíndo os ecosistemas e a biodiversidade da fauna e a flora.
O río Lérez nace na Serra do Candán, unha das zonas máis chuviosas da montaña galega e separa as provincias de Pontevedra e Ourense. Na Serra do Candán a media de precipitacións anuais supera os 2.000 milímetros. O río Lérez fai a súa entrada nas Terras de Pontevedra por Cotobade e Campo Lameiro, para atravesar Pontevedra ata a desembocadura da ría. O Lérez atravesa a provincia de Pontevedra de lado a lado a través dos seus 57 quilómetros de lonxitude, discorrendo por un val que se caracteriza por ser un lugar onde te podes atopar varios tipos de rochas, como poden ser rochas metamórficas de grao medio que están formadas por minerais como a mica, a clorita, o talco, o granito, o cuarzo e o feldespato. Á beira do río Lérez, entre Campo Lameiro e Cotobade, existen unha das concentracións de petroglifos da Idade do Bronce máis asombrosa de Europa. Destacan polas escenas de caza de cervos e as combinacións circulares. Neste entorno está prevista a localización dun Centro de Interpretación do Parque Arqueolóxico no monte Paradela. O espazo natural coincide con coñecidos cotos pesqueiros do Lérez e algúns afluentes como o Almofrei. Ademais, existen áreas recreativas fluviais e sendeiros entre muíños e pontes. O río Lérez é un paraíso para as persoas afeccionadas á pesca, a pureza das súas augas e o seu entorno convérteno nun lugar idóneo para a práctica deste deporte, os peixes máis habituais son os salmones, as troitas e os reos. O río ten un sendeiro que está catalogado como zona LIC, zona de importancia comunitaria. Trátase dun percorrido lineal de uns seis quilómetros de baixa dificultade, no que podes descubrir o diferente medio fluvial do tramo baixo do río, ademais de diferentes medios forestais autóctonos (salgueiros e carballos).
O río Lérez pasa pola cidade de Pontevedra. Este curso fluvial nace no Monte de San Bieito (Serra do Candán), na parroquia de Aciveiro do concello pontevedrés de Forcarei e desemboca no océano Atlántico, formando a ría de Pontevedra, entre a localidade de Poio e a urbe de Pontevedra. O río Lérez entra en terras pontevedresas por Cotobade e Campo Lameiro, para despois atravesar a cidade ata a desembocadura da ría. Este curso fluvial atravesa a provincia de lado a lado a través dos seus 57 quilómetros. O percorrido en zig-zag é constante ata a desembocadura. Situada ao noroeste da Península Ibérica, Pontevedra é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, se posiciona como a máis importante de Galicia.