Skip to main content

Nautic Destination

Vila termal de Cortegada

Sobre este patrimonio

Santa María de Cortegada, é unha das vilas termais máis importantes de Galicia debido á importancia das súas augas termais. Ten unha extensión de 2,5 quilómetros cadrados e a súa poboación apenas chega ao medio milleiro de habitantes. O balneario está situado na beira esquerda do río Miño, pegado ao cauce, un pouco máis arriba atópanse os denominados Baños do Monte coñecidos desde 1947. O balneario é de recente reconstrucción e dotouse de unhas modernas instalacións terapéuticas. As súas augas son sulfuradas-bicarbonatadas-fluoradas sódicas e litínicas, cunha temperatura media de 26 graos, indicadas para afeccións do fígado, tratamentos da pel e do aparello dixestivo. Os Baños do Monte conservan sen uso a casa de baños antiga, existe unha caseta de baños de recente construción que é a que se utiliza agora. Aquí ademais temos unha fonte ferruxinosa, con augas apropiadas para casos de anemia, e dúas máis de auga oligometálicas utilizadas como bebida diurética. A calidade das augas termais que afloran en Cortegada valeulle a principios do século XIX o recoñecemento de centro de utilidade pública". Estas casas de baños como se coñecían por aquel entón eran lugar de repouso e encontros da alta sociedade da época. Esta vila termal goza doutras riquezas naturais como as súas paisaxes entre ríos e montañas. Percorrendo este enclave, podemos gozar do seu patrimonio arquitectónico con igrexas, capelas, pazos e fontes repartidas por todas as súas parroquias como a Igrexa de San Benito de Cortegada, de estilo barroco que acolle dúas romarías en marzo e en xuño e ao seu santo atribúeselle o poder de curar as verrugas ou o seu atípico Cruceiro. Tamén moi preto do antigo balneario de Cortegada, podemos gozar das vistas que nos ofrece o miradoiro de O Coto da Pena sobre o río Miño."

Para saber máis

Cortegada atópase no val central do río Miño ao sur da provincia de Ourense a 20 quilómetros da fronteira con Portugal. Limita ao norte con A Arnoia, ao leste con Gomesende, ao sur con Pontedeva e ao oeste con Crecente. Cortegada tamén se denomina Cortegada de Baños, debido aos balnearios existentes. As augas termais da localidade de Cortegada foron das primeiras casas de baños que tiveron, a principios do século XIX, recoñecemento de "centro de utilidade pública". Aínda que os dous mananciais existentes xa se coñecían, non se utilizaron ata 1818. Foron lugar de repouso e encontro da xente pudente da época. No primeiro deles reconstruíuse e acondicionouse recentemente o seu antigo edificio, dotado con unhas modernas instalacións terapéuticas, as súas augas foron captadas cun sondeo de 6 metros de profundidade, debido a que o seu antigo manancial quedou anegado polo río despois da construción do encoro de Frieira nos anos 60. O segundo balneario son os Baños do Monte, as súas augas xa eran nomeadas desde 1497, ano no que o mosteiro de Celanova afora un monte e os baños de Cortegada. Os Baños do Monte teñen aínda a casa de baños antiga, pero que xa non se utiliza, habéndose construído recentemente unha nova caseta de baños, que é a que actualmente se atopa en funcionamento. Nese lugar existen, ademais: unha fonte ferruxinosa, cuxas augas son apropiadas para os casos de anemia, e outras dúas de augas oligometálicas que teñen unha boa aplicación tamén como bebida polas súas propiedades diuréticas. As augas dos baños teñen unha composición e temperatura similar ás do balneario, pois as dúas xorden da mesma fenda. Cortegada está situada nun fermoso val, conta cun pequeno e coquetísimo casco histórico, no que se atopa o Concello, a Praza de Buenos Aires e a rúa Hermanos Álvarez, lugar no que se atopan as casas máis antigas da vila, con fachadas tipicamente galegas. Cortegada tamén é coñecida pola súa gastronomía, con pratos nos que predominan a caza e a pesca.

Para coñecelo mellor

Na zona do encoro de Frieira, na provincia de Ourense, podemos gozar dun paisaxe idílico e coñecer a historia das súas augas termais. O encoro foi construído nos anos 70 e é o que se encarga de reter as augas do río Miño ao seu paso polo municipio. O municipio de Cortegada, tamén coñecido como Cortegada de Baños, sitúase en Ourense, xunto ao río Miño e é recoñecido polas súas augas termais. Está ubicado nunha zona navegable por pequenas embarcacións e ademais, está dentro da comarca do Ribeiro. A historia da vila termal de Cortegada remóntase ao século XIX. Moitos viaxeiros, ademais de labregos, acudían a estas augas polos seus beneficios terapéuticos e enfermidades na pel. Ademais, no ano 1816, Cortegada converteuse nunha das primeiras poboacións en ter casa de baños recoñecida oficialmente polo goberno de Fernando VII regulando a existencia de diferentes balnearios e tomando o nome de centro de utilidade pública". Así mesmo, aínda que os mananciais existentes se coñecían, non se utilizaron ata 1818. Actualmente, pódese usar un destes mananciais pois, reconstruiuse e acondicionouse con modernas instalacións e servizos. O club termal conta con tres piscinas termolúdicas: unha piscina dinámica (para relaxar e recuperar corpo-mente mediante chorros e fervenzas), chorros subacuáticos para articulacións de pernas e unha piscina de camas de burbullas. Todo iso fai que a zona sexa moi visitada para gozar destas augas sulfuradas, bicarbonatadas, fluoradas sódicas e litínicas a unha temperatura de 26 graos centígrados."

Galería

Vila termal de CortegadaVila termal de CortegadaVila termal de CortegadaVila termal de CortegadaVila termal de Cortegada

Localización

Localidade
Cortegada
Concello
Cortegada
Provincia
Ourense
País
España

O ben

Tipo
Villa termal
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Rural
Relevancia
Local

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
0,950 km

A visita

Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.20823905399786
Longitud
-8.169117734134993