Skip to main content

Nautic Destination

Produto. Xarda

Sobre este patrimonio

A xarda é un dos peixes máis pescados no Océano Atlántico desde a antigüidade. É unha das especies máis populares da rexión atlántica, sendo moi común tamén en todo o Mediterráneo. Vive en augas medias, no inverno despraza a zonas máis profundas, onde forma grandes grupos. É un peixe azul e de auga salgada, é moi rico en ácidos omega 3 e ademais ten un alto valor nutricional. A seu favor tamén podemos dicir que é un produto económico. A vida media da xarda é curta polo que acumula pouco mercurio. Se temos en conta que está aconsellado comer peixe azul dúas veces por semana, a xarda é unha boa opción. Ten o corpo alongado, con cabeza afiada, é de cor verdoso azulado, con liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos. Pode chegar a medir 50 centímetros, consegue a madurez aos 2 ou 3 anos e a súa reprodución é durante os meses de maio a xullo. De novos son omnívoros e aliméntanse de detritos orgánicos, que son residuos, xeralmente sólidos permanentes, que proveñen da descomposición de materia orgánica vexetal e animal. Despois volven ser depredadores e aliméntanse de crustáceos, moluscos, sardiñas e arenques. A xarda é unha especie de gran presenza nos mercados, podemos atopala en distintas lonxas como centros de primeira venda autorizados. Suele capturarse durante o primeiro trimestre do ano, cando se achega á costa.

Para saber máis

O nome científico da xarda é Scomber scombrus" e en galego é coñecida como Xarda. Pódese localizar a uns 250 metros de profundidade, en augas medias, subindo á superficie frecuentemente para cazar. No inverno diríxense cara a zonas máis profundas para realizar longas migracións transoceánicas. A femia adoita poñer entre 200.000 e 400.000 ovos en augas someras ou superficiais, preto das costas. Os tamaños máis comúns oscilan entre os 18 e 30 centímetros, aínda que poden chegar aos 50 centímetros. Poden vivir uns 9 anos de media. Aliméntase abundantemente de peixe pequeno como sardiñas, boqueróns e espadíns. Os métodos de pesca desta especie son variados, aínda que os máis usados son redes de cerco, de emmallar, arrastre de fondo e peláxico, palangre e curricán. Tamén se pode pescar con cebos artificiais. A pesca da xarda xa era practicada por gregos e romanos. A lexislación actual prohíbe pescar xarda con un tamaño inferior a 20 cm., a forma correcta para a súa medición é desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal, comúnmente coñecida como cola. Hai un peixe moi próximo á xarda, trátase do estorniño (Scomber japonicus). É unha especie máis migratoria e prefire augas máis templadas. No seu aspecto, é de cor máis clara no dorso e cabeza, debuxos máis irregulares e ollos máis grandes. Para rematar, a carne da xarda é francamente boa e pode competir con calquera outra especie.

Para coñecelo mellor

A Ría de Vigo é a máis profunda das Rías Baixas e conta cunha lonxitude de 35 quilómetros. Atópase protexida do océano polas Illas Cíes e, nela, pódense atopar diferentes tesouros como a illa de San Simón ou os galeóns afundidos cargados con ouro das Américas. Cangas é un municipio da provincia de Pontevedra que pertence á comarca do Morrazo e que está formado por cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e Hío. Este municipio dedícase desde hai moitos anos á pesca e ao comercio do peixe, pois nas súas costas conta con diferentes especies de peixe e marisco. A xarda -tamén coñecida como sarda, verdel, verta ou macarela- é un peixe azul moi económico cunha carne cargada de proteína. Podemos atopar esta especie nas augas salgadas do Morrazo.

Galería

Produto. Xarda

Localización

Localidade
Cangas
Concello
Cangas
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Produto pesqueiro
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Natural
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0,050 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.246145
Longitud
-8.827009