Catedral románica con elementos góticos e barrocos, vinculada ao Camiño Primitivo.
A Catedral de Santa María de Lugo, declarada Ben de Interese Cultural en 1931 e Patrimonio Mundial como parte do Camiño Primitivo desde 2015, é un dos monumentos relixiosos máis significativos de Galicia.
A súa construción comezou no século XII en estilo románico, aínda que foi modificada ao longo dos séculos incorporando elementos góticos, barrocos e neoclásicos.
Destaca pola súa planta de cruz latina con girola, triforio e un conxunto arquitectónico singular que inclúe o claustro, as vivendas canónicas e a capela de Nuestra Señora de los Ojos Grandes, patroa de Lugo.
Alberga obras relevantes como o coro de Francisco de Moure e un retablo renacentista de Cornelis de Holanda.
A Catedral ten un forte vínculo coa peregrinación xacobea e o Camiño Primitivo. Sendo a única co privilexio papal da exposición permanente do Santísimo Sacramento, elemento que forma parte do escudo de Galicia.
Destaca pola súa planta de cruz latina con girola, triforio e un conxunto arquitectónico singular que inclúe o claustro, as vivendas canónicas e a capela de Nuestra Señora de los Ojos Grandes, patroa de Lugo. Alberga obras relevantes como o coro de Francisco de Moure e un retablo renacentista de Cornelis de Holanda. A pesar do dano causado polo terremoto de Lisboa en 1755, a súa estrutura foi restaurada e decorada novamente no século XVIII. A Catedral ten un forte vínculo coa peregrinación xacobea e o Camiño Primitivo. É tamén única polo privilexio papal da exposición permanente do Santísimo Sacramento, elemento que forma parte do escudo de Galicia.