Para saber máis
A igrexa de San Pedro é un templo románico construído en sillería de granito, cuxa estrutura orixinal data do século X, foi consagrada en 1182 polo bispo Rodrigo II de Lugo, como indica a inscrición gravada na súa portada.
Declarada Monumento Histórico-Artístico, a súa fachada foi coidadosamente trasladada pedra a pedra desde o antigo Portomarín tras a construción do encoro de Belesar.
Do estilo románico conserva unha destacada portada con arcos de medio punto e arquivoltas decoradas con motivos xeométricos.
O tímpano, sostido por mochetas con forma de cabeza de bóvido, amosa unha ornamentación singular con dous semicírculos estrelados.
No seu interior alberga o sepulcro de pedra do Marqués de Bóveda e un fermoso retablo do século XVI que enriquece o conxunto artístico do templo.