Skip to main content

Nautic Destination

Arbo. Río Miño. Praia fluvial de Sela

Sobre este patrimonio

Arbo é un municipio con 43 quilómetros cadrados de extensión e está situado no corazón da provincia de Pontevedra. No seu límite sur ábrese ao río Miño, sendo así unha ponte natural entre Galicia e o Norte de Portugal. Un dos maiores atractivos deste municipio é o tesouro natural que agochan as augas do río Miño ao seu paso por esta poboación, a lamprea. Este peixe atopou neste lugar un dos mellores ambientes para desenvolverse, por iso tamén se lle coñece como a capital da lamprea". O río Miño é un dos ríos máis longos de Galicia e o máis caudaloso unha vez que se une co seu principal afluente o río Sil. Ao seu paso por Arbo atopámonos coa parroquia de Sela, un dos seus principais atractivos é a súa praia fluvial que recibe o mesmo nome, Praia Fluvial de Sela. Consta dunha zona de lecer con merendeiro, zona de pesca e un contorno exclusivo para relaxarse. Moi preto da praia fluvial, a cabalos da Pesqueira chamada "o Puntal do Canelas", atópanse o Manancial de Augas Medicinais de Sela, augas que no seu momento foron embotelladas e exportadas a distintas zonas da xeografía galega. Unha Pesqueira é unha construción romana de interese arquitectónico e etnográfico, que os romanos xa utilizaban para a pesca da lamprea, na actualidade forma parte da vida cultural e gastronómica dos habitantes de Arbo, sendo utilizadas aínda para este mesmo fin e podendo desfrutar da súa pesca durante todo o ano coas mesmas técnicas artesanais, sostibles e respectuosas co medio ambiente."

Para saber máis

O municipio de Arbo está bañado por tres ríos, Deva, Cea e Miño, estes confírenselle un microclima especial que permite a práctica de calquera actividade natural en calquera época do ano, ademais de convertelo nun dos lugares máis idóneos para o cultivo da vide e así ser lugar de orixe dalgúns dos viños máis selectos como o albariño e o condado. O río Miño ten unha lonxitude de 310 km e un caudal medio de 340 m3/S, atópase situado no noroeste da península ibérica. Ao seu paso por Arbo atopámonos coa parroquia de Sela, un dos seus principais atractivos é a súa praia fluvial que recibe o mesmo nome, Praia Fluvial de Sela. Consta dunha zona de lecer con merendeiro, zona de pesca e un contorno exclusivo para relaxarse. Moi preto da praia fluvial, podemos atopar o Manancial de Augas Medicinais de Sela. Nesta parroquia o valor terapéutico destas augas foi descuberto en 1900 polo párroco José Pérez Domínguez. A comercialización da auga mineral foi conseguida polo alcalde daquela e veciño de Sela, don Antonio Pérez e Barreira, era vendida embotellada e comercializada co nome de Augas Minerais de San Martín de Sela. Augas que emerxen a unha temperatura de 20º, e na actualidade cunha capacidade de subministración diaria de uns 500 litros, moi preto podemos atopar o xacemento de O Cabrón, o primeiro home que viviu nas terras de Arbo foi o Homo Neandhertal Arcaico, así o atestiguan as ferramentas líticas atopadas neste xacemento. Deste primeiro capítulo da historia do home como ser social e sedentario, quedan manifestacións como as mámoas de Chan do Rei en Cabeiras ou a de San Martiño de Sela; así como máis de cincuenta grupos de rochas con petroglifos como o de San Xoán de Mourentán ou o do Cándido.

Para coñecelo mellor

A parroquia arbense de Sela conta cunha praia fluvial que leva o seu mesmo nome. Está formada polas augas do río Miño e nela pódese desfrutar de paseos, dun merendeiro, así como dunha zona de pesca. Ademais, pódese realizar un interesante percorrido pola beira deste curso fluvial que se coñece como A Ruta das Pesqueiras". As Pesqueiras son construcións de pedra creadas en orixe polos romanos e compóñense de muros encarados uns aos outros e suxeitos a ferros. Esta disposición fai que a auga pase polo medio de cada muro, de modo que, nese oco, os pescadores poden colocar unha rede en forma de cono, chamada "Butrón". A través desta técnica conséguese que a corrente guíe ás lampreas cara a estas trampas para ser, así, finalmente capturadas. En Sela, tamén se atopa o Manancial de Augas Medicinais onde no seu momento, as augas foron embotelladas e exportadas a diferentes zonas de Galicia. Esta parroquia atópase no municipio de Arbo, na provincia de Pontevedra.

Galería

Arbo. Río Miño. Praia fluvial de SelaArbo. Río Miño. Praia fluvial de SelaArbo. Río Miño. Praia fluvial de SelaArbo. Río Miño. Praia fluvial de Sela

Localización

Localidade
Arbo
Concello
Arbo
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Praia fluvial
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Natural
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
Menos de 30 minutos en coche

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.09116800
Longitud
-8.35484900