En Betanzos desde o 14 ao 25 de agosto celebranse as festas patronais en honra a San Roque. A súa orixe remóntase a 1415, cando a cidade de Betanzos viu azoutada por unha gran epidemia de peste, que reduciu a poboación considerablemente. Os habitantes de Betanzos asustados, invocaron a San Roque, o peregrino de Montpellier, que camiñaba entre os apestados coidándoos e estes lle rogabann a súa protección. Os veciños da localidade agradecidos polo favor concedido por San Roque proclamárono patrón da cidade e en 1416 realizaron o solemne voto de celebrar perpetuamente a súa festividade. Celebrase con danzas, fogos artificiais, música, romarías e boas comidas, todo isto centrado arredor da elevación do chamado Globo Grande de Papel polos naturais de Betanzos, un aeróstato moi similar ao globo ao que os irmáns Montgolfier fixeron ascender en Annonay, Francia en 1783. Desde o ano 1875, a noite do 16 ao 17 de agosto e en honra a San Roque, Betanzos libera o seu famoso globo de papel, converténdose nun dos eventos que máis visitantes atrae á cidade. O evento dura aproximadamente media hora. O lugar elixido para o lanzamento é a Praza dos Irmáns García Naveira. Está realizado artesanalmente e con materiais tradicionais. O papel de estraza utilizado para a súa confección únese cun engrudo de fariña de centeo e reforzase con cinta de algodón. O que é considerado como o globo de papel máis grande do mundo, é capaz de albergar ata 2.300 metros cúbicos de aire, unha altura de 25 metros, un diámetro de 16 metros e un peso de 150 quilogramos. Como combustible utilízanse feixes de palla de centeo atados de modo artesanal, que se coñecen co nome de «pachuzos» e papeis apertados impregnados en aceite de coche ou aceites vellos chamados «chorizos». Para a súa construción utilízanse 16 cuarteróns, sobre os cales, artistas locais debuxan temas relacionados con aspectos da vida local achegando humor, orixinalidade e encanto a este artefacto único. Reservando un espazo para o escudo da cidade e outro para a familia Pita, encargados tradicionalmente da construción do artefacto.
O globo de papel de Betanzos construíuse e elevouse por primeira vez en 1874 creado por Don Claudio Pita Pandelo, un célebre fillo de Betanzos que sentía gran afección polos aeróstatos e grazas ao seu traballo como funcionario de Correos era capaz de estar ao tanto das novidades referentes á súa paixón. Introduciu varias modificacións ao globo dos irmáns Montgolfier, xa que o destes estaba feito de tea e recuberto por papel, en cambio Claudio Pita fíxoo enteiramente de papel, deuulle unha forma de pera, aumentou o tamaño do globo e é posible que engadira a barquiña que pende do globo e é grazas a el, o globo pasou a formar parte das festas de San Roque que se mantería fiel á súa cita todos os anos, agás durante a Guerra Civil. Tras a invención, Don Claudio dedicouse por completo a confeccionar globos nun vello obradoiro e ensináballe como facelos ao seu fillo Jaime Pita, que colle a tradición despois da morte do seu pai confeccionando fielmente como lle ensinara, perpetuando deste xeito a continuidade. Jaime ensínaos aos seus fillos do mesmo xeito que lle ensinou o seu pai e estes continuaron coa tarefa sen modificar nada, xa que declaran que a tradición había que respectala e mantela na súa integridade.
O globo comeza a confeccionarse na primeira quincena do mes de xullo da man de voluntarios, afeccionados e amigos da familia Pita na sala do colexio-teatro ou nas aulas do colexio de Betanzos. O globo está realizado con base de 1.500 papeis de estraza que miden medio metro cadrado cada un deles e van pegados entre si con engrudo de centeo. Unha vez que foron pegados os papeis e forman 16 cuarteróns tamén denominados meridianos, as unións van reforzadas con cinta de algodón. A pesar da súa confección tradicional tamén se foron engadindo elementos modernos como a cinta illante para asegurar ben as costuras.
Nos extremos, o globo leva colocadas bandas de lenzo que teñen como finalidade facer máis consistente o globo. A boca do globo está formada por un arco de madeira e no interior colócase un cestiño metálico onde se coloca o combustible para que se prenda. O combustible está composto por feixes de palla de centeo e papeis apertados impregnados en aceite de coches ou aceites vellos. Da boca do globo cae unha barquiña de madeira e papel que está rechea con artificios de pólvora que estouran cando comeza o ascenso. O globo está decorado por completo, levando un debuxo en cada cuarterón, os temas adoitan ser caricaturas de aspectos cotiás da rexión, local ou internacional. O primeiro cuarterón resérvase para o escudo de Betanzos, e o segundo para o nome da Familia Pita, todos eles decorados por mozos artistas orixinarios da cidade. O aeróstato elévase á medianoite do 16 de agosto, estando presente tanto a familia Pita, os voluntarios e os numerosos espectadores que celebran a festa tradicional de San Roque, que agardan para contemplar a subida do globo.
Cólgase na torre da Igrexa Santo Domingo e átase a unha grova maroma e a continuación proceden a enchilo, e este tarda unha media hora en inflamarse e unha vez feito sepárase da torre ata que algún membro da familia Pita dá a orde de que corten a corda, nese momento faise xirar o globo para que se aprecie o traballo feito nel e que os espectadores poidan contemplalo. Mentres o aeróstato sobe de forma grandiosa os espectadores berran a viva voz "Viva Claudio" e repiquetean as campás da igrexa ademais de comezar os fogos artificiais ata desaparecer da vista.
O municipio galego de Betanzos tamén coñecido como Betanzos dos Cabaleiros en A Coruña, atópase nas Rías Altas e o seu núcleo urbano sitúase sobre unha chaira moi próxima aos ríos Mandeo e Mendo. Betanzos foi unha das sete provincias que formaban o antigo Reino de Galicia. Cando a civilización asentouse, Betanzos caracterizábase pola súa muralla e durante a Idade Media, tivo moito movemento comercial, principalmente da actividade pesqueira. No ano 1415, os habitantes de Betanzos sufriron unha epidemia de peste e invocaron a San Roque para rogarlle protección. Desde ese ano, os veciños de Betanzos celebran as festas do municipio en honra a San Roque nos días 14 ao 25 de agosto para agradecer a curación das persoas enfermas de peste. Unha das actividades que se realiza nas festas en honra a San Roque é lanzar un globo