O Castro de A Subidá é un asentamento castrexo situado no Monte das Sete Espadas, na localidade pontevedresa de Marín. Este castro tamén é coñecido como o Castro da Porteliña, aséntase sobre un outeiro de pendentes inclinadas que lle permite observar de forma privilexiada Marín e a Ría de Pontevedra.
O Castro ocupa unha extensión aproximada de 30.000 m2., o porcentaxe escavado é do 1% e posibilitou que se deixasen ao descuberto algunhas vivendas circulares e 2 promontorios rochosos que se pensa poderían ser 2 torres defensivas. A riqueza de materiais era tanta que practicamente non facía falta nin escavar para atopar restos. Moitos destes restos atópanse hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, pero doutros moitos, froito das escavacións furtivas e incontroladas, nunca máis se soubo.
A pesar das múltiples agresións que sufriu é un dos que mellor conservados están, a finais do S. XIX conservaba partes do seu dobre recinto amurallado e a principios do S. XX aínda se mantiñan en pé algunhas das súas vivendas circulares.
Este asentamento estaría habitado desde o século IX a.C. ata o século II d.C. Este asentamento castrexo estaba bastante romanizado, poderiamos situalo entre os séculos I ou IV d.C., a súa economía estaba baseada na agrícola e a gandería, complementada pola caza, pesca e o marisqueo.
É posible visitar este asentamento xa que está sinalizado. Dispón de información e gráficos que explican de maneira moi completa como sería a vida no castro e a propia cultura castrexa. A palabra "subidá" procede do latín "civitatem", relativo a cidade, topónimo empregado en moitos outros xacementos deste tipo.
Un castro é un poboado fortificado na Iberia romana.
A cultura castrexa abarca en Galicia un longo período de tempo que vai desde a Idade do Ferro (S. VI a.C.) ata o S. VI d.C.
Os castros estaban situados en lugares estratéxicos e con grandes vistas, son poboacións fortificadas nas que vivían e se refuxiaban os antigos habitantes de Galicia en tempo de guerra. Críase que ao estar situados en zonas altas facilitaban o contacto co ceo, co máis alá.
Antigamente críase que eran os celtas os habitantes dos castros, pobo procedente das beiras do Caspio e do Cáucaso, que ademais nos trouxeron a técnica do ferro. Hoxe en día xa non podemos manter esa exclusividade celta da poboación castrexa, e teriamos que considerala como froito dunha mestura racial entre o elemento autóctono e os recén chegados celtas.
Ademais do Castro de A Subidá (é o mellor conservado a pesar das múltiples agresións que sufriu), en Marín temos outros como o de Castelo Barbudo (Pardavila-San Xulián), o de Castelo (Ardán), e posibles asentamentos castrexos en Pedreiras (O Campo), Penizas (Currás), Sobareiro (Loira), e Castro (Seixo).
En Mogor podemos gozar da Praia de Mogor, é unha praia de 400 m. e ten forma de cuncha, ademais está resgardada por un frondoso bosque. A súa area é fina e dourada. A praia está dotada con múltiples servizos, autobuses a menos de 500 m, bar e restaurante, aparcadoiro, duchas, rampas de acceso a discapacitados, baño.
Nas súas inmediacións atopamos os petroglifos de Mogor e desde alí poderemos gozar dunha vista panorámica da ría e da illa de Tambo.
Marín era coñecido como San Xiao de Ancorados debido aos barcos que fondeaban ao seu redor. Este municipio mariñeiro pertence á provincia de Pontevedra e está situado nas Rías Baixas, máis concretamente na Ría de Pontevedra. Grazas á súa situación, o porto conta con produtos mariños de calidade como cigalas, linguados, robalizas, rodaballos, chocos, polbos, sardiñas, centolas, nécoras ou ameixas, entre outros.
En Marín atópanse diferentes asentamentos de épocas pasadas como pode ser o Castro da Subidá (que provén do latín civitatem e que significa cidade) ou tamén coñecido como Castro da Porteliña. Este asentamento castrexo sitúase sobre unha das ladeiras do coñecido como Monte da Portela e foi ocupado desde o século IX a.C. ata o século II d.C. Hoxe en día, contamos con información de que se descubriron algunhas vivendas circulares construídas entre os séculos I a.C. e I. d.C. Ademais, tamén podemos atopar algúns petroglifos da Idade do Bronce; é dicir, debuxos e gravados nas pedras de combinacións circulares, cadrangulares e elípticas.