Cóntase que un labrego labrando enriba do barrio de O Canexol atopou un tesouro composto por unhas moedas antigas. Estas foron as primeiras noticias que se teñen sobre a ocupación castrense na illa. Datán da Idade do Bronce e coñécese como Castelo dos Mouros" e outro castro, coñecido como "Cova da loba", quedaría na parte norte pero só quedan restos de cerámica, baldosas e abundantes concheiros. Na praia de Canexol atópase a primeira fábrica de salgadura da illa de época romana. O peixe salgado utilizábano para todo, especialmente para alimentar ao exército. Para transportar o peixe en salgadura utilizaban ánforas que se fabricaban en terra, en Bueu. Trátase dunha cerámica do tipo "San Martiño de Bueu" e grazas a que os investigadores puideron rastrexar achados deste tipo de cerámica sabe que as conservas de Ons chegaban a lugares tan afastados como Lisboa ou Francia. Nesta época a illa de Ons era coñecida como Aunios, orixe do nome actual. A finais do século IX as rías galegas sufrían os ataques de saqueadores viquingos. Para a coroa era moi complicado defendelas, e crese que este foi o motivo polo cal en 899 o rei Alfonso III doou estas terras, que entón se chamaban Illas Aones, ao cabido de Santiago. Durante este tempo a documentación reflicte que alí existiu a igrexa de San Martín, pero non existe nin indicación nin rastro da súa congregación nin poboación algunha. Asóciase á existencia dun mosteiro do século XV, do que non quedan evidencias, a presenza dun sepulcro antropomorfo ubicado nunha rocha rodeada de mar coñecida como "A Laxe do Crego". Na Idade Moderna, o século XVI, a igrexa concedeu a illa en feudo á familia Montenegro, as xentes que vivían na illa pagaban un dezmo aos seus donos. Mantívose así ata que comezaron os ataques piratas. O máis famoso foi do corsario Francis Drake. Os continuos saqueos que sufriron ata ben entrado o século XVIII causaron o despoboamento da illa. En 1810 a Xunta Provincial de Armamento e Defensa decidiu fortificar a illa permitindo así a volta dos poboadores. Deste acto queda unha fortaleza visible "Castelo de Rueda" situada en Punta do Castelo desde onde se ve unha panorámica da ría de Pontevedra e a illa de Cíes cara á dereita, tamén desde alí vese o peirao de Ons e á esquerda o areal máis grande da illa, a praia de Melide. Entre os anos 1835-40 instalouse a primeira fábrica de salgadura moderna, situada preto do peirao. Esta construción cambiou a vida dos illáns, mellorou a economía da illa e aumentou a poboación. As fluctuacións na pesca de sardiña ocasionaron o declive e peche final da empresa. En 1929 do xa entrado o século XX Don Manuel Roibó comprou a illa e instalou unha sociedade mercantil co nome de "Isla de Ons" dedicada ao secado e comercialización de polbo e congrio, ocupando a antiga fábrica de salgadura. Co estalido da guerra civil e o suicidio de Don Didio Riobó quedou a illa sen xestión directa ata que en 1940 foi expropiada para fins de defensa nacional, que nunca chegou a ter. Nos anos 60 o estado designa un alcalde de barrio para a xestión da illa e estableceu "unha colonia". O Instituto Nacional de Colonización fixo que se construíse un barrio, no barrio do curro, cunha nova igrexa, unha escola e vivendas, a do cura, o mestre e o médico. Durante os anos 40-50 a illa viviu a súa mellor época, con case 500 habitantes. O maior problema que presentaba a illa era o peirao, estaba mal ubicado e era dun tamaño moito menor que o actual, as xentes posuían embarcacións máis grandes e non podían atracar. Así que pouco a pouco, cansadas do desinterese da administración, asentaron as súas vivendas principais na costa e decidiron manter as da illa como segunda vivenda. Desde o 2002 a illa pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). E os habitantes da mesma, dos cales quedan tres que vivan todo o ano, son concesionarios das vivendas cun permiso de 75 anos. A illa de Ons é un dos poucos lugares de España que mantén aos seus fareros. Situado no alto do monte Cucorno a 128 metros, o Faro de Ons ilumina a ría desde 1926 alcanzando as 35 millas. Consta dun edificio anexo que inclúe vivendas para fareros, almacén e taller. Anteriormente houbo outro faro no mesmo enclave, do ano 1865, cunha lámpada de aceite de émbolo e cun alcance de 17 millas. Seguindo pola ruta norte da illa, atópase o Alto da Cerrada a 106 metros e despois chega a Punta Centolo desde onde se ve cara á esquerda a enseada de Pociña e punta Xubenco, se se alza a vista tamén se ve a illa de Sálvora. Enfronte móstrase en primeira instancia Centolo grande, unha gran rocha redondeada que se intúe a forma dun gran centolo, na costa a península de O Grove co cabo de San Vicente, a gran praia de A Lanzada e as praias de Pragueira e Montalvo que dan entrada á ría de Pontevedra. Voltando polo mesmo camiño do norte e indo polo lado de acantilado chega á enseada de Canibeliñas, é unha costa abrupta con furnas e entrantes de mar.
As xentes da illa víanse sometidas a un gran illamento que xunto coa carencia de servizos tanto espirituais como médicos xerou unha cultura popular única. Existía un gran coñecemento popular acerca das plantas medicinais da zona. Utilizábanse plantas con propiedades particulares como acedreira, cicuta, malvas, sabugueiro... elementos e substancias de animais ou utilizados na cociña. E realizábanse ritos para asegurar o correcto efecto do remedio aplicado. Tratábanse afeccións respiratorias, dixestivas, reumas e tamén outras enfermidades en animais. As supersticións eran parte do día a día e fixéronse moi populares moitos ditos que, incluso, condicionaban a vida na illa. Como, se unha embarazada comía percebe tiña que evitar ser salpicada na cara pola auga do percebe, se sucedía, o bebé nacería cunha mancha semellante á uña do percebe no corpo. Tamén crían na Santa Compaña e destaca o relato de Eugenia Otero, illá que di así: Á Santa Compaña hai que vixiala de noite. Coñécese por unha luz que é encarnada como o lume e outras luces brancas que preceden e pechan a súa marcha. Vén desde Noalla ata o Centolo e desde alí vai camiñando alta de todo, por riba dos toxos, ata o cemiterio, onde desaparece baixo terra. Cando se pasa, todo vese mellor do que se ve agora, como se fose de día. Poden falar cos vivos e, se dúas persoas se atopan con ela e unha non a ve, basta con que a outra lle pise o pé esquerdo e a verá. Alí onde deixa a caixa, se non é hoxe é mañá alguén ten que morrer.""
Os primeiros asentamentos na illa Ons datan da Idade do Bronce. Estes son o castro en Canexol (Castelo dos Mouros), que conserva a estrutura defensiva circular, e o castro de A Cova da Loba, situado no norte da illa. Existe un sepulcro na Área dos Cans que fai crer que existiu un convento ou unha ermida, pois, segundo conta a lenda, trataríase dunha tumba dun monxe que habitou neste lugar. Posteriormente, no século XVI, o arquipélago de Ons pasou a ser propiedade da familia da nobreza Montenegro. A illa quedou baleira a finais de século, tras as loitas de corsarios e piratas. A illa de Ons repoboouse con piñeiros que estarían dedicados á construción de barcos e creouse unha fábrica centrada na técnica da salga. En 1929, Manuel Riobó comprou o arquipélago e, na fábrica, construíu un espazo para secar o congrio e o polbo. Deste modo, pasou a comercializalo posteriormente, pero as duras condicións para vivir na illa fixeron que se despobrase. En 1982, o arquipélago de Ons pasaba a mans da Xunta de Galicia. O faro de O Cucorro, situado na parte máis alta da illa, é un dos máis grandes de España e obra de Rafael de la Cerda. Deu luz por primeira vez en 1865 e foi un dos últimos faros de petróleo a presión. En 1990 xa funcionou con enerxía fotovoltaica. A Illa de Ons é unha parroquia de Bueu. Este municipio localízase na provincia de Pontevedra.