Hai poucos restos dos primeiros tempos da historia das illas Ons, polo que non permiten aventurar a existencia de asentamentos ou poboadores temporais. Pola contra, si se localizaron restos e asentamentos de cultura castreña pertencentes á Idade do Bronce. Un deles é o chamado Castelo dos Mouros" e, aínda que se atopa sen escavar, aprecia a súa distribución circular con estruturas defensivas. O outro castro, que se coñece como "Cova da Loba", situouse na zona norte da illa, pero del non quedan máis que restos de cerámica, baldosas e abundantes concheiros. Ao igual que outras illas desta costa atlántica, as Ons puideron pertencer ás famosas Casitérides gregas, pero a ausencia nas illas do metal ao que se refire este topónimo, o estaño, indica que unicamente puideron ser base para o seu comercio."
A audacia dos mariñeiros fenicios impulsouos a emprender rutas ata lugares afastados e descoñecidos. Chegaron a ser tan bos navegantes que en numerosas ocasións outros pobos, como os exipcios, solicitaron os seus servizos. A finais do milenio II a. C., dispoñían xa dos coñecementos técnicos suficientes e dos materiais necesarios para lanzarse á navegación de grandes distancias. Construían as súas naves coa prezada madeira dos cedros e cipreses dos bosques libaneses. Unha vez ensambladas as embarcacións, calafateábanas con betún, unha extraordinaria innovación que garantía a súa impermeabilidade. Posuían dous tipos de barcos: os de guerra, aos que incorporaron un invento que no seu momento foi revolucionario, o espolón, co que podían embestir as naves inimigas; e os de carga, máis anchos e lentos, pero con maior capacidade. Os fenicios practicaban por igual a navegación de cabotaxe -seguindo durante o día o curso das costas para desembarcar ao anoitecer nunha enseada protexida onde pasar a noite- e a de altura. Neste último caso guiábanse polas estrelas pola noite. Aprenderon a navegar tamén empregando como referencia a Osa Menor, o cal facía innecesario recalar nun lugar protexido para pasar a noite. Deste modo podían afastarse das costas, navegando en mar aberto, e cubrir grandes distancias en pouco tempo. Os seus barcos transportaban prata, ferro, estaño e chumbo da península Ibérica, liño de Exipto, cobre de Chipre e toda clase de produtos manufacturados gregos e exipcios. A navegación pola costa portuguesa era moito máis complicada e penosa que navegar en augas do Mediterráneo. De marzo a novembro, os barcos debían enfrontarse aos ventos dos cuadrantes norte e noroeste, e de decembro a febreiro, a nubosidade impedía a navegación nocturna, e o mar estaba axitado mesmo no verán e a debilidade das correntes tampouco axudaba. Así, a ruta cara a Galicia só se podía facer contra o vento e con bordas altas ou con naves pouco cargadas. As velas eran redondas e imposibilitaban desprazarse en diagonal, polo que a navegación debía facerse con remos e facíase necesario o cabotaxe. Hai evidencias arqueolóxicas da navegación fenicia nas Rías Baixas xa no século I a. C., como o exemplar de ancla mediterránea achado na Ría de Vigo e os petroglifos con representacións fenicias situados en lugares estratéxicos con bo dominio visual da costa: A Laxe de Auga dos Cebros en Pedornes, Santa María de Oia (Pontevedra). Un deles identificouse cun hippoi fenicio, barcos pequenos de borda baixa e baixo tonelaxe con proas e popas en forma de cabalo e impulsados por remos, mencionados por Estrabón na súa Xeografía". Tipos de barcos En principio, os barcos eran birretes (dúas liñas de remos), que se ampliaron a partir do século VI a. C: trirremes (tres niveis de bancos de remos a cada lado do barco), tetrarremes (catro) e quinquirremes (cinco). Os fenicios usaban dous tipos de barcos. As naves de guerra, alongadas e dotadas dun espolón de proa, e os grandes cargueiros redondos, de uso mercantil. Tamén empregaban embarcacións menores, dun ou dous remeiros, co mascarón de proa en forma de cabalo. O barco mercante era panzudo, polo que en grego denominábase gaulós (bañeira). Poderían acadar ata os 20-30 metros de eslora e os 6-7 m. de manga, cun calado de 1,5 m. O seu casco estaba impermeabilizado con pez e tiña debuxados dous ollos. Dirixíase con timóns colocados a popa. Como propulsión auxiliar levaba remos -entre 18 e 20-, que permitían manobrar con rapidez no caso de que non houbese vento, aínda que o impulso fundamental facilitábao a corrente de aire sobre unha gran vela cadrada colocada nun mástil central. Os poucos remeiros poden ter relación coa necesidade de dispoñer de bodega libre para levar a máxima carga posible. A súa capacidade oscilaba entre 100 e 500 toneladas e a súa velocidade, con vento favorable, arredor dos cinco nós. Para preservala de males, levaba algunha figura, como o cabalo. A popa adoita ser de perfil redondeado e terminaba en forma de viruta ou cola de peixe. Nesta parte atopábanse os remos usados como timón. O barco de guerra tiña dous pisos. Na parte inferior levaba ata 50 remeiros sentados en bancos e no bordo do piso superior, colgaban os escudos dos guerreiros. Tamén levaban mástil con velas. O espolón de proa, en forma de reixa de arado, servía para defenderse dos obstáculos e para embestir outros barcos. A popa tiña forma de cola de peixe.
A illa de Ons está situada na ría de Pontevedra. Para coñecer certos detalles sobre os seus primeiros habitantes, debemos retroceder á Idade do Bronce. Esta etapa destaca pola fabricación de utensilios con este metal, grazas á combinación de cobre e estaño. Os fenicios, aparte de bos artesáns e artesás, eran excelentes navegantes, así como dos mellores construtores de barcos naqueles tempos. Isto facilitou á cidadanía os coñecementos necesarios para aprender a navegar da mellor forma posible e asentarse en zonas costeiras e en lugares ricos en materias primas. En Ons pódense atopar restos de dous castros correspondentes á cultura castreña. Un localízase no Castelo dos Mouros, ao sur da illa, e dispón dun gran foxo e unha mina onde posiblemente atopaban o estaño. O outro, máis pequeno, chamado A Cova da Loba, atópase no norte da illa, onde só hai restos de cerámica, baldosas e conchas. Por outra banda, tamén se atoparon petroglifos, gravados en rochas, debuxos que demostran a presenza de humanos hai miles de anos.