O faro actual está situado no suroeste da illa fronte a punta Besugueiros onde estaría o antigo faro. Inaugurouse en 1921, tras o naufraxio do Santa Isabel". É un amplo edificio en forma de U deseñado para acoller a tres fareros e as súas familias, e unha torre octogonal de sillería de 12 metros de altura adosada á fachada posterior. As obras comezaron en 1912 pero ata o 5 de decembro de 1921 non foi acendido por atrasos na instalación da lanterna. Sería un faro de terceiro orde. En 1954 realízase unha última reforma, incorporando grupos electróxenos, baterías e almacén. Hoxe en día funciona con placas solares e ata fai ben pouco continuaba a atención dos fareros. O antigo faro foi construído en 1852, situado no mesmo enclave de Punta Besugueiros, como faro de cuarto orde, con luz branca e vermella ata as 10 millas. Tiña anexados uns cuartos para os fareros e almacén e a torre era hexagonal con pequeno balcón e torreón. A vista desde o faro é cara mar aberto, coa vista da illa de Ons, arquipélago que tamén pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Se se afina a vista pódese ver toda a zona de cantís da illa veciña. Á esquerda da mesma temos unha panorámica da zona de costa distinguindo a gran praia da Lanzada e o sobresaliente cabo de San Vicente de O Grove e o resto da península."
Para paliar o crecente tráfico marítimo en 1902 mediante o Plan de Reforma do Alumbrado Marítimo estudouse a necesidade de que o faro alumase tamén o interior da ría de Arousa para guiar o crecente tráfico marítimo. Encargouse do proxecto Ramón Martínez de Campos, quen escolleu unha zona próxima ao antigo faro onde a luz pasaría de estar de 24 a 40 metros sobre o nivel do mar. É un amplo edificio en forma de U deseñado para acoller a tres fareros e as súas familias, e unha torre octogonal de sillería de 12 metros de altura adosada á fachada posterior. As obras comezaron en 1912 pero ata o 5 de decembro de 1921 non foi acendido por atrasos na instalación da lanterna. Sería un faro de terceiro orde. Para axudar á navegación en días de néboa empezou a funcionar un radio-faro en 1925. Posteriormente en 1930 o edificio foi revestido de azulexos respectando a franxa vermella orixinal e en 1978 reformáronse as vivendas. Aos restos do antigo faro déronlles un novo uso, pois foron utilizados para adornar a fonte de Santa Catalina, para un lavadoiro e para engadir unhas torres a un almacén. A fonte de Santa Catalina está situada no camiño en dirección ao poboado da illa. Posúe unha inscrición que di "Augua virtuosa da Saúde e Forza". Segundo a tradición parece ser que desta fonte bebían mulleres que desexaban quedar embarazadas"
A illa de Sálvora era un refuxio para piratas e corsarios ata o século XIX. Hoxe en día, conta cun paisaxe espectacular, con praias e dunas rodeadas de flora e fauna mariña. Ademais, ten un faro que se encarga de alertar aos barcos da proximidade á terra, pois trátase dunha zona perigosa onde xa houbo naufraxios como o do Santa Isabel en 1921. O faro primitivo construíuse en 1852, pero foi suprimido pola reforma do Plan de Alumbrado de 1902. O faro actual data de 1921, ano no que se produciu o naufraxio do vapor Santa Isabel. Esta construción é responsabilidade da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e conta con unhas vistas fermosas cara o mar. A construción está conformada por unha torre octogonal, cuberta de azulexos brancos e cunha franxa vermella. Por outra banda, conta cun edificio anexo en forma de U con varios paneis solares. Ribeira é un concello da provincia da Coruña que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Pertence á comarca de Arousa Norte e divídese nas seguintes parroquias: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira. Fronte á boca da ría de Arousa, no mesmo concello de Ribeira, atopamos a Illa de Sálvora. Esta illa inclúese no Parque Nacional das Illas Atlánticas e é a única que pertence á provincia da Coruña.