A laguna mina das Mercedes foi, na súa orixe, unha explotación de arxila a ceo aberto destinada á fabricación de ladrillo. Ten unha extensión de 30.000 m2 e fai que sexa a laguna máis grande da provincia de Pontevedra. A súa profundidade é case de 20 metros na súa zona central. Ten un paseo arredor de uns 900 metros rodeado de árbores e dotado de iluminación, áreas de descanso e miradoiros. Está situada ao lado da estrada comarcal que une Pontecesures con Vilagarcía, e mesmo visible desde a calzada. É un lugar con encanto e un dos máis chamativos no contorno de Valga, ideal para relaxarse e ver o paso do tempo. A súa extensión permite pasear sen case dificultade, gozar da paisaxe e atopar algún que outro agasallo que ofrece a natureza. Como foi unha antiga mina, este estanque foi pouco a pouco recolonizado con plantas e animais de zonas palustres e tamén con especies introducidas. De vez en cando as aves migratorias paran neste lago para descansar. A arxila extraída desta mina e tamén materiais cerámicos producidos na factoría transportábanse nun teleférico que unía o recinto cun porto situado no río Ulla. Actividade vinculada á empresa Novo e Sierra. Do antigo porto quedan os vestixios do pantalán e as torretas que sostiñan a liña de vagonetas. Valga posúe varios espazos naturais, agrupándoos nun concepto chamado o Ecomuseo, que consta dunha rede de lugares que gozan de interese natural. A relación entre estes lugares é a auga que participa na formación de diferentes ecosistemas. Na actualidade esta rede está formada por catro lugares de interese: as fervenzas do río Valga, a laguna Mina-Mercedes, o monte Beiro e a praia fluvial de Vilarello.
A laguna de mina das Mercedes antigamente era unha explotación de arxila a ceo aberto, coa que facían ladrillos destinados á construción. A arxila é un mineral do grupo dos filosilicatos. Está composta por silicatos de aluminio hidratados ou feldespatos, procedentes de rochas ígneas, metamórficas e sedimentarias descompostas pola meteorización ou alteración hidrotermal. Aínda que no seu estado puro é de cor branca, pódense atopar con outras tonalidades como cobreiras e avermelladas. Este mineral está formado por partículas moi pequenas (0.002mm) que lle confiren diversas características. É un coloide que ten unha tendencia a agruparse nunha especie de fluído pastoso e amplamente adherente, creando así superficies impermeables. Cando é mesturada con auga adquire moita plasticidade e pode moldearse e é moi resistente se se somete a altas temperaturas. É pola súa versatilidade que a arxila, xa desde tempos remotos, é moi utilizada. Na antigüidade utilizábase para a construción mesturándoa con compoñentes vexetais, creaban elementos de almacenaxe de alimentos e líquidos e mesmo uso medicinal. Na actualidade segue utilizándose practicamente para as mesmas cousas, pero avanzouse moito grazas ao estudo das súas posibilidades. As vetas de arxila adoitan atoparse agrupadas, polas características ditas anteriormente, e, ao igual que outras explotacións mineiras, fórmase un gran oco de onde se retirou o material. Ao chover enchese de auga formando unha gran balsa que, se o pH das augas o permite, co paso dos anos vai recolonizándose con animais afíns a zonas acuáticas.
En Campaña, parroquia do municipio pontevedrés Valga, atópase Mina Mercedes, un dos atractivos turísticos máis concorridos deste concello. Trátase da maior laguna de orixe natural da provincia cun paseo de uns 900 metros de lonxitude rodeado de árbores e miradoiros. Antigamente foi unha explotación de arxila e, co paso dos anos, converteuse de forma natural nesta gran laguna. Trátase dun espazo onde os turistas e a xente local poden gozar da natureza e da tranquilidade. Ademais, pódense observar algunhas especies de aves típicas das lagunas como as fochas. Valga é un municipio que pertence á provincia de Pontevedra que conta con menos de sete mil habitantes. O seu territorio limita ao norte cos municipios de Dodro e Pontecesures e con Catoira e Caldas de Reis, ao sur.