O Lago de Castiñeiras é o epicentro do parque da natureza de Cotorredondo. Atópase entre os municipios de Vilaboa e Marín. Aínda que a súa orixe é artificial (remóntase a 1950) o seu encanto é único e completa o contorno como importante zona de refuxio e cría para moitas especies silvestres da zona dando lugar a un espazo singular onde conviven distintas especies autóctonas con árbores de distintas procedencias.
O Lago de Castiñeiras é tamén unha importante área de lecer na que os seus moitos visitantes contan con sendeiros, fontes, parques infantís, mesas e churrasqueiras e todo o necesario para gozar da natureza.
A zona atópase a unha altitude de 550 metros sobre o nivel do mar. Os accesos máis habituais son a través da estrada PO-101 (indicación Castiñeiras) ou por Figueirido subindo ata a estrada PO-103.
Na zona tamén se atopa o petroglifo das Abelaires, trátase dun conxunto de gravados rupestres cunha antigüidade de 4000 anos. Como o resto do gran patrimonio rupestre de Galicia, reproducen círculos, cazoletas e labirintos.
Moi preto, e pertencente ao concello de Vilaboa podemos atopar o impresionante miradoiro de Coto Redondo. Desde este miradoiro pódese observar a enseada de San Simón na ría de Vigo e a ría de Pontevedra. Se a sorte nos acompaña e o día é claro, podemos chegar a ver a Ría de Arousa.
O Monte e Lago de Castiñeiras esténdese polo territorio de Vilaboa, Marín e Moaña.
Está ben situado xeograficamente e é un dos parques máis interesantes e atractivos da zona. Neste parque natural atopámonos co Lago de Castiñeiras.
A flora é variada, predominan o carballo americano, o loureiro e o piñeiro. Na fauna atopamos aves e troitas, é fácil ver en tempada de pesca afeccionados a este deporte practicando e gozando do seu tempo libre. Nas súas instalacións podemos atopar a Aula da Natureza, onde se organizan visitas para grupos.
Tamén podemos achegarnos ao petroglifo Das Abelaires. Os petroglifos son os antecedentes dos símbolos previos á escritura. Son representacións gráficas gravadas en pedras ou rochas, gravados ao aire libre e cunha simbología complexa e difícil de interpretar.
A palabra petroglifo provén dos termos gregos petros e glyphein, que significan pedra e taller.
Atopáronse en todos os continentes, con características similares entre eles. Aínda que a maioría dos petroglifos que atopamos en Galicia pertencen á Idade dos Metais, sendo case todos da Idade do Bronce, poden pertencer a épocas moi diferentes da historia.
Os petroglifos galegos son unha das representacións máis xenuínas do noso arte prehistórico. Representan labirintos, animais, símbolos xeométricos, figuras humanas.
A poucos quilómetros de Marín, preto de Vilaboa, en Pontevedra, atopamos un incrible paisaxe natural. Trátase do Lago Castiñeiras e o parque natural de Cotorredondo (no monte de San Xulián). Cunha altitude de uns 550 metros sobre o nivel do mar, a zona de Cotorredondo é un lugar onde se pode gozar da natureza e dun paseo polo campo. O parque conta con unhas 70 hectáreas de superficie con árbores como o castiñeiro, o bidueiro ou o carballo americano, entre outros. Ao redor do parque atopamos merendeiros, fontes e mesas con vistas ao famoso lago de Castiñeiras, que pertence na parte Norte a Marín e na parte Sur, a Vilaboa. Ademais, no parque existen asentamentos arqueolóxicos do período Megalítico e da Idade do Bronce como dólmenes e petroglifos formando o coñecido como Chan de Castiñeiras". De feito, aquí atópase o "Dolmen do Rei", que é, a día de hoxe, o dolmen atopado máis grande de Galicia. A uns quilómetros, atopámonos no miradoiro de Cotorredondo con unhas vistas impresionantes das Rías de Pontevedra, de Vigo e de Arousa.
Un petroglifo que está sufrindo o paso do tempo é o coñecido O Abelairas en O Alto da Portela, localizado entre Cangas e Bueu. Corresponde ao Neolítico e o seu estado de conservación non é moi bo. Neste petroglifo, de uns 10 metros de lonxitude por 7 metros de ancho, pódense recoñecer certos gravados de círculos, liñas e óvalos."